Actividades Desenvolvidas
26 DE XANEIRO. VISITA DE ROSA ANEIROS
A visita de Rosa Aneiros foi promovida polo Departamento de Galego e o ENDL . A escritora gañadora no 2009 do Premio Xerais e do premio de literatura xuvenil da Fundación Caixa Galicia, estivo no Centro falándonos da súa obra Ás de bolboreta, lida polo alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato.
Un privilexio!
OBRADOIRO DE BEATBOX E RAP
O día 18 de decembro organizouse unha sesión de hip hop e beatbox desenvolta polos artistas Martín Lourenzo e Carlinhos Gende, pertencentes ao grupo Machina. Explicáronlles aos rapaces (en dúas sesións de hora e media) as orixes destas formas musicais, déronlles pautas para animalos a crear e logo implicáronos na práctica das súas composicións.
A actividade organizada desde o ENDL ten como obxectivos dar a coñecer ao alumnado a posibilidade real da composición de música moderna en galego e facer unha iniciación nos procedementos de composición de rimas.
Destinatarios:
Alumnado de 3º e 4º de ESO.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- seguinte ›
- última »