Actividades Desenvolvidas

FOTOLIBRO 2010

Como no curso anterior , estase a desenvolver ao longo dos meses de abril e maio a actividade denominada FOTOLIBRO. Co obxectivo de promocionar a lectura e dar a coñecer as obras que máis nos gustan, os membros da comunidade escolar fotografiámonos co noso libro favorito, explicando nunha breve nota o motivo da nosa elección.Coas fotos decoramos o recibidor do instituto, cun grande mural.

Aos que  que aínda non se animaron  dicímoslles o lema da actividade:  

PRESUME DE LER E DÉIXATE VER!    

FOTOLIBRO 2010

CONCURSO DE LOGOTIPOS

FOTO PARA ENLACE.CONCURSO DE LOGOTIPOS. 

               Coa colaboración do Departamento de Plástica convócase o alumnado a participar nun concurso para facermos cun logotipo que represente o noso ENDL.

Nas bases pídeselles aos alumnos que expliquen o significado do seu proxecto. Co logotipo gañador encargaremos un selo e faremos adhesivos.

PARABÉNS A DESCOONTROL

O 15 de abril o noso Instituto participou no certame musical A MOCIDADE COA NOSA LINGUA representado pola banda DESCOONTROL.Con dous temas propios ofrecéronnos unha actuación digna de verdadeiros profesionais . Grazas Pepe, Emilio,Brais ,Dani e Juan por facernos pasar uns momentos tan emocionantes. PARABÉNS.

Non queremos deixar de felicitar  ao grupo de instrumentistas constituído recentemente no Centro coa axuda da profesora de música. Coa peza titulada Mosteirón , Quique, Samuel, Zeltia e Miguel ofreceron tamén unha actuación deliciosa. O ano que vén seguro que chegan moi alto.

PARABÉNS A DESCOONTROL

PARTICIPAMOS NO CERTAME A MOCIDADE COA NOSA LINGUA

 

 O noso centro participa na edición de 2010 do  festival  A MOCIDADE COA NOSA LINGUA . O certame acolle participantes da diversos institutos.Este ano xuntámonos grupos musicais do IES Manuel Murguía (Arteixo),IES Elviña (A Coruña)IES de Pastoriza (Arteixo), IES Mosteirón (Sada), IES AlfonsoX (Cambre)e o IES David Buján (Cambre)

 Nesta ocasión o noso instituto participa con dous grupos. Por unha parte un grupo de instrumentistas fantástico( Samuel,Miguel , Zeltia e Enrique) formado  este ano baixo a dirección da profesora de música . Interpretarán a peza composta por eles mesmos titulada MOSTEIRóN. Por outro lado está o grupo  DESCOONTROL, xa famoso na contorna, que o ano anterior acadou un honroso segundo lugar no mesmo certame.

 

 

VISITA DE FRAN ALONSO

O ENDL  colaborou co Departamento de Lingua Galega preparando a visita de Fran Alonso ao noso instituto. Varios paneis informativos sobre a obra do escritor foron expostos polo centro.

VISITA DE FRAN ALONSO

ACTIVIDADES DA SEMANA DA PRENSA

Durante a semana da prensa houbo unha exposición no Instituto de moitas das publicacións periódicas existentes en Galicia.Ademais varios grupos de 1º e 2º de ESO fixeron os seus propios xornais e varios murais . Como nesta datas tamén se celebraba o día da muller traballadora, algunhas das aproximacións á prensa fixéronse atendendo ás noticias con protagonismo feminino.

ACTIVIDADES DA SEMANA DA PRENSA

CELEBRACIÓN DO 2º CERTAME DE MICRORRELATOS.CURSO 2009-2010: AMOR? AMOR! EN CEN PALABRAS

Logo da exposición pública dos textos presentados ao certame ,  o xoves día 18 de febreiro reuniuse a comisión seleccionadora da obra gañadora do Certame de Micrerrelatos Amor? Amor! En cen palabras  celebrado no IES de Mosteirón promovido polo ENDL e mais pola biblioteca A ESPERELA .

O xurado, fixo mención das seguintes obras:

 “Todo por ninguén” asinado por Pólvora e da autoría de Tamara Paredes  Gestal (4º ESO B) pola valía do seu relato en canto ao léxico empregado e o valor metafórico do mesmo.

 

 

“Un só corazón” asinado por Bolboreta e da atoría de Isis Basanta (4º ESO A) pola imaxes sorprendentes cargadas de emotividade.

 

 

 “O xogo das olladas” asinado por “A Pequena” e da autoría de Begoña García Liñares (4º ESO PDC)pola expresión sinxela das emocións.

Finalmente  os premios asignados  son os que se citan a seguir:

 

Segundo premio para  “O segundo amor” asinado por Jack Jones e asinado por Jorge Riveiro, (4º ESO PDC) pola súa idea orixinal, que consegue manter a dúbida da resolución até o desenvolvemento do relato.

Primeiro premio para  “Tic, Tac” asinado por ROCKEIRA e da autoría de Sabela Rodríguez (4º PDC) pola orixinalidade do tema e do título, capaces de condensar en poucas liñas as sensacións producidas nuns instantes cargados de emoción polo encontro amoroso.  

Distribuir contido