Presentación

COMO CHEGO Á BIBLIOTECA?

 
A Esperela está no segundo andar do edificio, situada entre o Departamento de Francés e a aula de Tecnoloxía (podes consultar nesta web o plano do centro para non te perderes se queres visitarnos).

CANDO E PARA QUE PODO USAR A BIBLIOTECA?

 

A biblioteca está aberta durante todos os recreos do curso para que o alumnado poida levar documentos e tamén facer uso dos ordenadores, previa reserva dos mesmos. Ademais, para poder levar a cabo o plan lector, a biblioteca permanecerá aberta durante algunhas das horas lectivas. No resto das horas a biblioteca estará a disposición do profesorado para realizar actividades das aulas relacionadas coa búsqueda de información.
Distribuir contido