TÉCNICAS DE ESTUDO DE INTERESE

 Que son as técnicas de estudo?

 Son un conxunto de técnicas para planificar o estudo. As técnicas de estudo non son receitas máxicas, requiren un tempo de aprendizaxe e bastante práctica para obter resultados. Neste páxina mencionaremos só  as técnicas máis habituais. 

 Que condicións se necesitan para estudar?

 Estudar require esforzo e concentración, e para poder facelo hai que estar en boas condicións físicas e psíquicas, é dicir, estar descansado, sen graves preocupacións e levando unha dieta equilibrada. Aconséllase que as horas mínimas que debe durmir toda persoa que estuda sexan oito, e que a súa alimentación sexa rica, variada e equilibrada, reforzando o almorzo e alixeirando a cea. O lugar no que se estuda debe reunir condicións para evitar distraccións e poder concentrarnos. Non debemos esquecer que estudar require un traballo sistemático, polo que tódolos días debes adicar un tempo mínimo fixo para o estudo. 

 Algunhas suxestións de interese:

Alumno estudando

 

 1.- Programar o traballo
 2.- Tomar ben os apuntamentos
 3.- Ler subliñando
 4.- Confeccionar esquemas e resumos
 5.- Memorizar comprensivamente

 

Máis información
  Consulta os 4 ficheiros adxuntos se estás interesado en informarte sobre algunhas estratexias e técnicas que te poden axudar a estudar. Debes ter instalado no teu ordenador o Acrobat Reader para poder ler a información. 
 Descargar Acrobat Reader  

 

 

AdxuntoTamaño
Organización-do-Estudo.pdf27.37 KB
Toma-de-Apuntamentos.pdf32.35 KB
Esquemas-e-Resumos.pdf36.93 KB
Lectura.pdf25.78 KB