Blog da Biblioteca
VISITA Á LIBRARÍA MOITO CONTO
Anticipando a celebración do Día do Libro, desde a biblioteca do instituto organizouse unha visita do alumnado de 3º de ESO á libraría "Moito Conto". A idea era que os rapaces e rapazas gozasen do contacto cos libros e tivesen a posibilidade de escoller e mercar os que eles quixesen para a biblioteca do centro. Mercáronse 36 títulos con temáticas moi variadas que pasarán a formar parte do inventario da nosa biblioteca.
Máis información no blog da biblioteca
DÍA DE ROSALÍA
VISITA Á BIBLIOTECA RIALEDA
O alumnado de primeiro visitou o pasado día 22 de febreiro a Biblioteca Central Rialeda de Perillo. Foi unha actividade moi completa: historia e distribución do edificio e os xardíns, funcionamento, fondos, catalogación e unha sesión de contacontos con Ramiro Neira. Para ver as fotos visita o blog da biblioteca Esperela.
VISITA DO ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA AO IES O MOSTEIRÓN
O pasado 3 de febreiro , a rapazada de 6º de Primaria do CEIP O Mosteirón visitou as instalacións do Instituto e coñeceu as actividades nas que poderá participar o vindeiro curso. Máis información no blog na biblioteca A Esperela
VI CERTAME AMOR? AMOR!.....EN 100 PALABRAS
Dende o EDLG e a Biblioteca A ESPERELA "IES O MOSTEIRON" informa á Comunidade Educativa que está aberta o prazo para participar no concurso "VI CERTAME AMOR? AMOR!...EN 100 PALABRAS".
No arquivo adxunto tedes as bases para participar. Para máis información podedes acceder ao seguite enlace: www.biblioasperela.blogspot.com
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5