CONSELLOS PARA MELLORAR O RENDEMENTO ACADÉMICO
• Durmir 8 horas diarias | |
• Almorzar correctamente, apórtanos a enerxía necesaria para afrontar a xornada escolar. Exemplo: O almorzo debe incluír alomenos unha peza de froita e un lácteo mais cereais. Dependendo do alumno/a pódese inxerir unha peza de froita, un zume ou sandwich,... nun dos recreos. | |
• Colocar no cuarto do alumno/a un horario lectivo nun lugar visible. | |
• Estudar alomenos dúas horas diarias. Por estudar se entende: facer os "deberes", ler, sublinar, buscar no dicionario, facer traballos, memorizar,... | |
• É conveniente facer un seguimento por parte dos pais/nais das tarefas escolares, tanto na casa como no centro, poñéndose periodicamente en contacto co titor/a. | |
• Ter o material de consulta (libro de texto, dicionarios, enciclopedias,...) necesario para facer fronte ao estudo. | |
• Deixar a mochila preparada do día anterior. | |
• Acostumar ao alumno/a ao uso do espertador. |
»