APADRIÑAMENTOS LECTORES
Comezan de novo este curso os apadriñamentos lectores.Esta actividade promovidas desde a biblioteca A Esperela consiste en ir ás aulas de educación infantil do CEIP, con alumnado voluntario de cuarto de ESO, e contar contos de forma individual aos cativiños. É realmente bonito ver aos rapaces máis grandes provocando a emoción dos cativiños!
Ver as fotos aquí
VISITA DO ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA AO IES O MOSTEIRÓN
O pasado 3 de febreiro , a rapazada de 6º de Primaria do CEIP O Mosteirón visitou as instalacións do Instituto e coñeceu as actividades nas que poderá participar o vindeiro curso. Máis información no blog na biblioteca A Esperela
Vídeo Igualdade de Xénero
Con motivo da celebración do día Internacional contra a violencia de xénero que tivo lugar o pasado 25 de novembro, este centro educativo participou nunha actividade promovida polo Concello de Sada relacionada coa Igualdade de Xénero. Como resultado final da actividade elaborouse unha curtametraxe na que o alumnado amosa o seu apoio a prol da igualdade de xénero.
ENTREGA DE PREMIOS DO CAMPIONATO DE PING PONG
O 6 de febreiro tivo lugar a entrega de premios do campionato de PING PONG celebrado no IES O MOSTEIRÓN dende e o mes de decembro. Esta actividade foi dinamizada nos períodos de lecer polo profesor de Educación Física Emilio Lousa. O gañador do torneo foi Pablo Fernández Darnís, alumno de 3º de ESO. Parabéns a todo o alumnado participante e, agora toca xogar no torneo de futbolín. |
CONMEMORACIÓN DO DÍA DA PAZ
O equipo da biblioteca A Esperela promoveu a conmemoración do Día da Paz no instituto deseñando esta fermosa árbore. Nela medran pacíficas mans nas que o alumnado escribiu mensaxes solidarias .
PARABÉNS POLA FERMOSA INICIATIVA!
ASISTENCIA AO CEGAI DO ALUMNADO DE 3º DE ESO
O alumnado de 3º da ESO visitou o 20 de xaneiro o CGAI para descubrir en pantalla grande El espíritu de la colmena, de Víctor Erice. As reaccións máis espontáneas ao filme foron de estrañeza. “Non ten unha historia concreta e deixa moitas cousas abertas”, dicía un dos alumnos, que se fixara no aspecto lírico do filme, incidindo en que a montaxe xogaba co paso do tempo dun xeito que non nos permitía saber en cantos días tiña lugar a narración.
O contexto histórico no que se sitúa si estaba apuntado “na simboloxía da Falanxe” ou “nos marcos de Franco pendurados das paredes da escola”, comentaban outro grupo de rapazas. A presenza do maqui, cunha morte non representada de forma evidente, recordaban algúns mozos, pareceulles a este grupo de suma importancia na fita, crendo ver metáforas que non se acaban de precisar.
No que todos coincidiron é que a ollada xoga un papel central en El espíritu de la colmena, e que a obra, na que “case non se fala”, está construída en boa parte en torno á mesma.
Podedes ler máis no blogue de CiNed , onde o alumnado deixou as súas opinións sobre a película.
Tamén podedes ver algunha das actividades feitas desde a materia de Lingua galega no blogue Moradías do vento
POEMA-OBXECTO 2º ESO
O alumnado de segundo de ESO traballou neste trimestre cunha antoloxía poética de José María Plaza, 111poemas de amor, de todo corazón. Fixeron lecturas na casa e na clase, recitados na aula, un traballo escrito de análise dalgúns poemas e por último un poema-obxecto dunha poesía escollida por eles, amosando así a súa sensibilidade e creatividade. Máis información no seguinte ENLACE. |
VISITA DIDÁCTICA A SOGAMA
O pasado 10 de novembro o alumnado de 3º de ESO A e 3º PMAR visitou a planta de tratamento de residuos SOGAMA situada no concello de Cerceda. A actividade foi proposta polo Departamento de Física e Química e Tecnoloxía e nela o alumnado á parte de coñecer as instalacións realizou actividades nas que reflexionou sobre a reutilización dos materiais de refugallo que compoñen o lixo. |
SAÍDA DIDÁCTICA A SOBRADO E PALAS DE REI
O pasado día 17 de novembro o alumnado de 2º de ESO realizou unha visita didáctica ao casco vello da vila de Betanzos, ao Mosteiro de Sobrado dos Monxes e máis ao castelo de Pambre situado no concello lucense de Palas de Rei, programada polo Departamento de Xeografía e Historia.
ÚLTIMO DÍA PARA SOLICITUDE DE BECAS NEAE DA CONVOCATORIA DO MECD
Lémbrase a todos os interesados que o prazo para solicitude de becas NEAE convocadas polo MECD remata o día 6 de outubro do presente.
Máis información no seguinte enlace:
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31
- …
- seguinte ›
- última »