ASISTENCIA AO CEGAI DO ALUMNADO DE 3º DE ESO

O alumnado de 3º da ESO  visitou o  20 de xaneiro o CGAI para descubrir en pantalla grande El espíritu de la colmena, de Víctor Erice. As reaccións máis espontáneas ao filme foron de estrañeza. “Non ten unha historia concreta e deixa moitas cousas abertas”, dicía un dos alumnos, que se fixara no aspecto lírico do filme, incidindo en que a montaxe xogaba co paso do tempo dun xeito que non nos permitía saber en cantos días tiña lugar a narración.
O contexto histórico no que se sitúa si estaba apuntado “na simboloxía da Falanxe” ou “nos marcos de Franco pendurados das paredes da escola”, comentaban outro grupo de rapazas. A presenza do maqui, cunha morte non representada de forma evidente, recordaban algúns mozos, pareceulles a este grupo de suma importancia na fita, crendo ver metáforas que non se acaban de precisar.
No que todos coincidiron é que a ollada xoga un papel central en El espíritu de la colmena, e que a obra, na que “case non se fala”, está construída en boa parte en torno á mesma.

Podedes ler máis no blogue de CiNed , onde o alumnado deixou as súas opinións sobre a película.

Tamén podedes ver algunha das actividades feitas  desde a materia de Lingua galega no blogue Moradías do vento