PRESENTACIÓN DE ÉDELINGUA

O pasado venres 8, alumnado, profesorado e familias do IES O Mosteirón, ademais das autoridades máis representativas do Concello de Sada, acudimos á Casa da Cultura Pintor Lloréns para celebrar a presentación oficial do proxecto Édelingua.
O acto resultou emocionante e divertido a partes iguais, grazas ao traballo do Equipo de Dinamización e ás colaboracións do alumnado.
Destacamos a alegría de Tamara Paredes ao saberse gañadora do Édelingua 2012,  a asistencia ao acto de ex-alumn@s moi querid@s, o merecido protagonismo dos irmáns González Garrido e a calidade das dúas últimas producións do Equipo: "O drama do cabalo de xadrez" e "A Filla da Ría de Prata".
Máis información no blog de "A Esperela"

VISITA AO CENTRO DE ABRAHAM CARREIRO

O pasado xoves, 7 de maio, tivemos a sorte de contar no noso centro con Abraham Carreiro,autor de Xoeliki, aventuras dun ciberpirata . A actividade foi organizada polo departamento de Lingua galega e literatura , que incluíu na súa programación a lectura do seu libro neste trimestre, e que resultou ter un grande éxito entre o alumnado. Abraham presentou os seus piratas cibernéticos  mentres facía debuxos dos personaxes do libro. Os rapaces permaneceron  interesados e atentos  e formularon moitísimas preguntas ao final da súa charla. Incluso, Xosé Píriz de 1º de ESO, tivo tempo de facerlle unha caricatura coa que o agasallou  ao remate . Poñémola  aquí para que vexades o grande potencial deste rapaz que case lle fai a competencia a Abraham. Aos que desfrutastes con esta lectura, deixámosvos o enlace á páxina oficial do libro e anunciámosvos a aparición próxima da segunda parte (" Xoeliki 2, novas aventuras" )GRAZAS ABRAHAM

 




O MEGALITISMO EN GALICIA

O pasado día 21 de maio o Departamento de Xeografía e Historia organizou unha conferencia titulada "O megalitismo en Galicia", impartida por Xosé Francisco Píriz, membro do Grupo de Traballo "A Fornela" e coautor do libro Antas e pedrafitas en Galicia.

Os alumnos asistentes, dos grupos de 1º de ESO, disfrutaron moito da actividade, principalmente coas maquetas e proxeccións.


PROMOCIÓN 2011-2012

 

O venres despedimos a nosa promoción de 2º de bacharelato nunha tarde chea de emocións: disfrutamos dun alumnado "irrecoñecible", de discursos moi sentidos de dous alumnos (Carlos e Clara) e da nosa directora Conchita, da presentación de Miriam e Daniel, de vídeos de momentos inesquecibles e de agradecemento aos profesores,  de familias felices, dalgunhas bágoas e moitos sorrisos. 

 

Ademáis fixeron e poidemos disfrutar deste vídeo grabado en agradecemento os seus profesores.

Pola nosa parte somentes dicir que estamos moi orgullosos deles.

Moitas grazas!

 

 

 

Aquí tendes uns vídeos da cerimonia feitos pola profesora Inés de Nieves


 

 

 

e un vídeo de cando os nosos "niñitos" eran aínda máis "niñitos"


GANADOR I CONCURSO DE PUBLICIDADE CREATIVA

Os alumnos da materia de Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras, participan no I Concurso de Publicidade Creativa organizado polo departamento de Economía do IES O Mosteirón. Haberá dous premios, un para os alumnos de cuarto e outro para os alumnos de terceiro. O premio acadarase polo maior número de "me gusta" que consiga o mesmo no facebook do instituto. Animádevos a participar!

O GAÑADOR É: ADÁN MÉNDEZ CON 11 VOTOS NO FACEBOOK DO INSTITUTO

No grupo de cuarto, estes son os anuncios propostos:

Tania Piñeiro WILKINSON
Sergio Pose CC LEMON
Cristina García COCA-COLA
Miguel Suárez FUNERARIA VASCONGADA
Thiago Pereira SEARA
Aitor Dorado PEPSI
Adán Méndez CALSBERG
Eduardo Núñez TOYOTA
Elena Rodríguez AZUCARITO PEDRO
Anna Illanes FANTA POMELO



O TAMAÑO DA TERRA NA SOMBRA DUNHA VASOIRA

O alumnado de 2º da ESO asistiu o martes a unha charla no noso instituto organizada polo Departamento de Matemáticas e impartida por Beatriz Gómez Arribas, técnica de investigación do INCIPIT e especialista en arqueoloxía; e César González García, investigador de astronomía na cultura e arqueoastronomía. Estes encontros científicos entre persoal investigador do CSIC-Galicia e alumnado de secundaria están integrados dentro de Exper-i-ciencia CSIC 2012, proxecto de colaboración entre a Delegación Galega do CSIC e a Fundación Barrié.

 

 

 

ENTREGA DE PREMIOS CERTAME LITERARIO LUISA VILLALTA

 

Do blog da Esperela:
Este venres acompañamos a nosa alumna Tamara Paredes a entrega de premios do certame literario Luísa Villalta, no que acadou o segundo posto cun poema titulado "Páxinas en branco". Foi un acto emotivo, cheo de referencias á poeta e ao autor homenaxeado nas Letras Galegas 2012, Valentín Paz Andrade. Disfrutamos tamén das actuacións musicais, poéticas e artísticas do alumnado do IES Isaac Díaz Pardo, organizador do acto.

Tamara agradeceu aos compañeiros e profesores o seu apoio e instou os máis novos a escribir. Ver a madurez de Tamara e como o noso alumnado de bacharelato segue a darnos motivos de orgullo é un estímulo para nós nestes momentos.

O NOSO ALUMNADO DE BACHARELATO!!!!

Máis información aquí

AVISO DE DATA EXAMEN DE PENDIENTES DE HISTORIA DE PRIMEIRO DE BACHARELATO

 

O luns 14 de maio quedan convocados os alumnos de segundo de bacharelato que teñen pendente a materia de inglés de primeiro de bacharelato para facer o exame correspondente.

Asemade, o luns 21 de maio quedan convocados os alumnos de segundo de bacharelato que teñen pendente a materia de Historia do mundo contemporáneo de primeiro de bacharelato. O examen comenzará as 15:20 na aula de segundo de ESO-B.

VISITA AO INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA

O martes 8 de maio, os alumnos de terceiro de ESO fixeron unha visita ao Instituto Galego de Estatística.

Aquí vos deixamos algunhas fotos da mesma.

AS CURTAS DE ÉDELINGUA VOLTAN A SER RECOÑECIDAS

 Dúas curtametraxes producidas por Édelingua, Na oficina de obxectos perdidos As mazás casamenteiras, foron seleccionadas para se proxectaren na I Mostra de Cine Xuvenil que se desenvolve ao abeiro do Festival Primavera do Cine en Vigo. O acto central da Mostra terá lugar o día 25 de maio no Auditorio do Centro Cívico de Teis, na cidade olívica.

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e en nome de toda a comunidade educativa do IES O Mosteirón queremos felicitar unha vez máis a todos os que fan posible que "Édelingua" siga adiante. Parabéns aos actores e actrices de ambas as dúas curtametraxes e moi especialmente ao seu director, Javier González Garrido.

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido