VISITA AO CENTRO DE ABRAHAM CARREIRO
O pasado xoves, 7 de maio, tivemos a sorte de contar no noso centro con Abraham Carreiro,autor de Xoeliki, aventuras dun ciberpirata . A actividade foi organizada polo departamento de Lingua galega e literatura , que incluíu na súa programación a lectura do seu libro neste trimestre, e que resultou ter un grande éxito entre o alumnado. Abraham presentou os seus piratas cibernéticos mentres facía debuxos dos personaxes do libro. Os rapaces permaneceron interesados e atentos e formularon moitísimas preguntas ao final da súa charla. Incluso, Xosé Píriz de 1º de ESO, tivo tempo de facerlle unha caricatura coa que o agasallou ao remate . Poñémola aquí para que vexades o grande potencial deste rapaz que case lle fai a competencia a Abraham. Aos que desfrutastes con esta lectura, deixámosvos o enlace á páxina oficial do libro e anunciámosvos a aparición próxima da segunda parte (" Xoeliki 2, novas aventuras" )GRAZAS ABRAHAM
|
»