ENTREGA DE PREMIOS CERTAME LITERARIO LUISA VILLALTA
Do blog da Esperela:
Este venres acompañamos a nosa alumna Tamara Paredes a entrega de premios do certame literario Luísa Villalta, no que acadou o segundo posto cun poema titulado "Páxinas en branco". Foi un acto emotivo, cheo de referencias á poeta e ao autor homenaxeado nas Letras Galegas 2012, Valentín Paz Andrade. Disfrutamos tamén das actuacións musicais, poéticas e artísticas do alumnado do IES Isaac Díaz Pardo, organizador do acto.
Tamara agradeceu aos compañeiros e profesores o seu apoio e instou os máis novos a escribir. Ver a madurez de Tamara e como o noso alumnado de bacharelato segue a darnos motivos de orgullo é un estímulo para nós nestes momentos.
O NOSO ALUMNADO DE BACHARELATO!!!!
»