HÉCTOR CARRÉ VISITA MOSTEIRÓN

Hoxe visitou o noso centro Héctor Carré, director de películas como Dáme algo, Dáme lume , A promesa e Personal movie. É autor tamén da novela Febre , que leron os nosos alumnos de 4º de ESO e 1º de Bacharelato ,e que recibiu o premio de literatura xuvenil Fundación Nova Caixa Galicia. Héctor Carré explicou o proceso de creación da súa novela, a súa relación co cine, a súa experiencia ao colaborar con Spielberg, a dificultade de rodar unha película ... e moitos máis aspectos interesantes sobre a obra .

Podedes ver as fotos neste enlace   http://www.edelingua.blogspot.com/

HÉCTOR CARRÉ VISITA MOSTEIRÓN

8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Gif elaborado polos alumnos de TIC en conmemoración do Día Internacional da Muller

Primeiro de Bacharelato

Grazas pola vosa colaboración.

Pincha aquí

 

AS MAZÁS CASAMENTEIRAS

 

O venres 24 de febreiro, no 175 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, estreamos en Espazo Cinema As mazás casamenteiras, última produción cinematográfica de Édelingua, a produtora de audiovisuais do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES O Mosteirón de Sada.

A curtametraxe está baseada novamente nun texto de Séchu Sende. Está protagonizada por Alejandra e Miguel, de primeiro de ESO, e por Anna e Lucía, de 4º de ESO. Javier González Garrido (Genetic films), de 2º de Bacharelato, gravou, dirixiu e montou este filme no que a casualidade e o feito de valorar a esencia das cousas e non a súa aparencia provocan o encontro de dúas persoas moi especiais, un mozo e unha moza moi tenros, amantes da lectura e tamén das mazás do país, as máis saborosas, aínda que non teñan boa "pinta".

RESULTADOS DO CONCURSO AMOR, AMOR... EN CEN PALABRAS

AMOR, AMOR....
O pasado venres 24, coincidindo coa estrea no Espazo Cinema da nova produción audiovisual de Édelingua, "As mazás casamenteiras",  entregamos os premios ás comparsas gañadoras no entroido e no concurso de microrrelatos "Amor, amor... en cen palabras".

Debido ao éxito de participación neste certame e á calidade dos textos presentados, decidimos entregar tres premios: 

Premio ao primeiro ciclo para Claudia Díaz (2º ESO B) polo texto titulado "Só funciona se somos dous; necesítote":

"Sorriso, grandes ollos, suadoiro arremangado, pantalóns caídos, skate en man e zapatos novos.
Camiña lixeiro facendo parvadas. Xira a cabeza, mírame, sorrí, devolvo o sorriso, solta o skate duramente, coloca o pe esquerdo, empurra co dereito e sóbeo. Volve xirala, mírame, dá un bico ao aire, e sae patinando. Nun intre recordo os seus beizos quentes na miña meixela, o seu cheiro entrando lenta e despreocupadamente en min, os seus brazos rodeándome, non vexo saída, tampouco a quero; non penso, iso é, non penso, tampouco o intento; rodéolle o pescozo. Soltámonos, sorrimos e esquecemos o acontecido, recordando cada intre".

Premio ao segundo ciclo para Carla Pereiro (3º ESO PDC) polo microrrelato titulado "Desolación":

"Moreas de caixas espalladas polo cuarto dela. Sentada na esquina da cama imaxinaba que el aparecía pola porta. Moitos anos compartindo amor, moitos anos de amor naquela mesma cama. E agora xa non queda nada. Ten que marchar dese cuarto.
Está na rúa, diríxese á tetería, entra, fixa os seus ollos na mesa na que adoitaba sentar sempre. A ela énchenselle os ollos de bágoas, sae da tetería, intenta ser forte e non chorar, pero a tristeza invádea, bota a correr sen rumbo..
Desfeita, chega á casa de Lucía, a súa mellor amiga. Alí estaba el".

Premio ao Bacharelato para Tamara Paredes (2º Bacharelato) polo poema titulado "Enxebre sentimento":

Abaneaban as estrelas esmorecendo
na soidade do infindo, recollendo
axóuxeres sen acordes melódicos.

A escuridade da firmeza derrubou
o equinoccio, xa non promulga, dimite.

As lembranzas derrubaron a ledicia, os lóstregos
asediaron o luar. O chamamento agarimouse
ós larpeiros envelenamentos, brétema no corazón.

Saudade socorrida polo diaño. Apertas escorrentadas
polos ciumes. Nada queda, todo murcha.

O meu lar na ribeira, a xanela aberta. O misto
acendido non quenta; tatexa sen control.
Lambisquei un boneco enfeitizado sen 
sabor.

Digo fuxe; o trasno, non quere.

ENTROIDO NO IES O MOSTEIRÓN

 

Aquí podedes ver os vídeos do entroido 2012

JEFF WALL

Jeff Wall. The Crooked Path

 

Visita dos de terceiro de ESO ao Centro de Arte Contemporánea. Santiago de Compostela.

 


CONCURSO DE FOTOGRAFÍA: FOTOLIBRO

         

 BASES DO CONCURSO FOTOLIBRO


Primeira. Os participantes presentarán fotografías orixinais e inéditas ‑e non premiadas noutros certames‑ coa temática do libro e a lectura.

Segunda. As fotos deberán levar un título e o nome d@ autor@. Cada un participará cun máximo de cinco fotos, todas co seu título.

Terceira. Poderá participar calquera membro da comunidade educativa do IES O Mosteirón. O prazo de presentación abrirase o día 15 de febreiro e rematará o 9 de marzo de 2012.

Cuarta. As fotografías, co seu título, enviaranse por correo electrónico ao seguinte enderezo: aesperela@gmail.com ou entregaranse na biblioteca nun sobre co nome do autor e o título por fora.

Quinta. Os traballos serán expostos, segundo se vaian presentando, en lugares visibles e accesibles do centro.


Sexta. As obras serán avaliadas polo equipo da Biblioteca A Esperela do IES O Mosteirón. Esta proclamará dúas fotografías gañadoras. Unha para o primeiro ciclo e outra para 2º ciclo e Bacharelato.

Sétima. O anuncio das fotos gañadoras do concurso farase o día  16 de marzo. Terá lugar na BIBLIOTECA A ESPERELA, no primeiro recreo.

Oitava. Os gañadores recibirán un premio sorpresa e un diploma acreditativo.

 Novena. A biblioteca resérvase o dereito a usar as fotos participantes no concurso.


 Décima. A participación no certame implica a aceptación destas bases.    

DÍA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

 


SEMANA DA PAZ
30 XANEIRO- 3 FEBREIRO

No IES O Mosteirón, coincidindo co 64 aniversario da morte de Mahatma Gandhi,  celebraremos a semana da paz do 30 de xaneiro ao 3 de febreiro.
As actividades que temos preparadas son as seguintes:

  • O luns día 30, no recreo das 12:10, proxectaremos na biblioteca o documental "A ilha das flores", un acedo e divertido retrato da mecánica da sociedade de consumo.
  • E ti que dis? No recibidor do instituto faremos unha exposición de frases célebres sobre a paz. Le sobre a paz e escribe ti tamén a túa frase. 

  • En todos os períodos da nosa "Hora de ler" da vindeira semana, farase aLectura de textos relacionados coa paz.

  • Realizarase nos recreos un obradoiro de decoración de paraugas, paraugas pola paz, que expoñeremos despois no recibidor do Instituto.
  • Na Esperela tedes unha selección de libros e películas sobre a paz. Non deixedes de velas. Pagan a pena.

O IES O MOSTEIRÓN XA ESTÁ EN FACEBOOK

A comunidade educactiva do IES O Mosteirón, xa ten a súa disposición a posibilidade de participar na inserción de información de interese para completar e complementar a formación dos nosos alumnos. Dálle a "me gusta" e participa do noso proxecto. Grazas.

 

Distribuir contido