OBRADOIRO DE FOTOGRAFÍA CON JOSÉ CARUNCHO
OBRADOIRO DE FOTOGRAFÍA
Temos o luxo de contar no noso Instituto co fotógrafo coruñés José Caruncho para realizar un obradoiro de fotografía análoxica en branco e negro. Unha fermosa experiencia sen dúbida para adentrarnos nas posibilidades da fotografía dende a concepción ata a ampliación e reprodución en papel fotográfico. Realizarase cos alumnos de informática de 4º da ESO ao longo de 4 sesións, rematando no mes de xuño. O vindeiro venres 8 de marzo dará comenzo en horario de 11.20 h ata as 14.10 h . Os alumnos xa realizaron unha primeira incursión na súa obra e plasmárona na presentación que figura abaixo, para que toda a comunidade educativa e sobre todo os que non coñecen a Caruncho, poidan facerse unha idea do seu labor fotográfico, vinculado maioritariamente a Galicia.
Ademais deste obradoiro para 4º da ESO, está proxectado facer unha práctica para os alumnos de 3º, os cales, xa realizaron unha unidade temática dedicada á fotográfica, na materia de Educación Plástica e Visual. Nesa práctica o alumnado poderá coñecer e traballar coa cámara de placas que traerá o propio fotógrafo.
Por último queremos agradecer ao CGAI o apoio para poder levar a cabo estas actividades no noso Centro e en todos aqueles nos que se está desenvolvendo "Fotografía en curso", e que supón abrirnos a outras posibilidades de ensinar e de aprender moi cercanas ao feito cultural que nos rodea.
Departamento de Educación Plástica e Visual
Podedes ver a presentación de J. Caruncho no seguinte arquivo adxunto
LUIS SEOANE NO IES O MOSTEIRÓN
ATA O VINDEIRO XOVES 7 DE FEBREIRO PERMANECERÁ ABERTA NA CAFETARÍA E 1ª PLANTA DO IES O MOSTEIRÓN A EXPOSICIÓN INTERACTIVA SOBRE LUIS SEOANE. CONVIDAMOS A TÓDOLOS MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA A VISITALA EN HORARIO DE 8:30 a 14:10 h. A EXPOSICIÓN INCLÚE PANEIS INFORMATIVOS SOBRE A FIGURA DO POLIFACÉTICO AUTOR, OBRAS PICTÓRICAS E ACTIVIDADES DIDÁCTICAS QUE AXUDAN A COMPRENDER A SÚA OBRA. |
CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS E ROUPA
O IES O MOSTEIRÓN COLABORARÁ CON CÁRITAS E A ONG GLOBAL HUMANITARIA NUNHA CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS NON PERECEDEIROS E ROUPA E CALZADO USADO. O ALUMNADO PODE DEIXAR OS ALIMENTOS E A ROUPA NA CONSERXERÍA DO IES O MOSTEIRÓN. A ROUPA E CALZADO RECOLLERASE ENTRE OS DÍAS 5 E 12 DE DECEMBRO. OS ALIMENTOS NON PERECEDEIROS PODEN ENTREGARSE DENDE O 5 ATA O 19 DE DECEMBRO.
Saída ao teatro
Hoxe os grupos de 3º e 4º de ESO asisten ao Forum para ver a representación do "Decamerón",versionado polo director e actor galego Cándido Pazó e con base na obra do século XIV de Bocaccio. Nos tempos críticos e difíciles, o alivio do humor é máis necesario ca nunca por iso os contos do Decamerón están impregnados de ironía, humor, erotismo, crítica social e sentido gozoso da vida. En todos estes elementos,imprescindibles na comedia, é especialista Cándido Pazó. Ademais dun longo percorrido como dramaturgo, director e actor, Cándido Pazó é o fundador da compañía Abrapalabra que representa os espectáculos que escribe, dirixe e representa.Nos últimos quince anos, realizou preto de 2000 actuacións de narración oral, tanto en Galicia como en España, diversos países de Europa, África e América. |
Obradoiro de beatbox a cargo de Carlos Gende
Carlos Gende é un dos poucos galegos que domina o beatbox, unha disciplina derivada do hip-hop consistente en facer música sen usar instrumentos. Os que o practican son algo parecido aos chamados homes orquestra, pero todos os sons os conseguen controlando o aire que sae polo nariz e a boca. De feito, Carlos ten claro que aínda que sexa un fenómeno recente, a esencia do beatbox non é novidosa e pon como exemplo a capacidade de John Balan para simular o son dunha trompeta. «Non creo que ou beatbox consista só en imitar os instrumentos musicais» e, por iso, Carlos adoita introducir todo tipo de efectos e sons nas súas improvisacións.
OBRADOIRO DE BEATBOX
Ver no blog do departamento de Lingua galega
|
REUNIÓN DAS NAIS/PAIS COS TITORES DO ALUMNADO
O VINDEIRO LUNS 15 DE OUTUBRO TERÁ LUGAR ÁS 17:30 h A REUNIÓN DAS NAIS/PAIS COS TITORES/AS DO ALUMNADO. O LUGAR DE CELEBRACIÓN SERÁ NA AULA-GRUPO DO ALUMNO/A. | |
VÍDEOS DE DESPEDIDA PRIMEIRO DE BACHARELATO - CURSO 2011/2012
Estes foron os vídeos que presentaron os alumnos de primeiro de bacharelato na festa de fin de curso deste ano:
RESULTADOS DAS PAU CURSO 2011-2012
Xa temos os resultados das PAU deste curso:
100% de aprobados
Noraboa a alumnos e profesores polo seu traballo
E moitas grazas aos pais polo seu apoio
PRESENTACIÓN NO CGAI DOS ALUMNOS DE 4º DE ESO
O venres 15 de xuño, ás 18:15 horas, os alumnos de 4º de ESO farán a presentación do obradoiro sobre "A personaxe e as súas emocións", na sala de cinema do CGAI.
Estades invitados todos os que queirades asistir. Animádevos!
Aquí os deixamos unha grabación do obradoiro que se fixo nas nosas instalacións:
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 28
- 29
- 30
- 31
- 32
- 33
- 34
- 35
- 36
- …
- seguinte ›
- última »