OBRADOIRO DE CONTACONTOS A CARGO DA TROPA DE TRAPO
Onte , o alumnado de 1º de ESO asistiu ao espectáculo da Tropa de Trapo que leva por título A hora azul.
Trátase dunha sesión de contacontos con música, seguida despois dun obradoiro no que se traballan as técnicas de contar e a literatura de carácter oral.
Esta actividade é complementaria á programación de Lingua galega do primeiro trimeste , e ten como obxectivo ( ademais de asistir a un espectáculo ben bonito) que o alumnado aprenda a importancia da comunicación oral, os elementos que interveñen na mesma , os códigos xestuais, as diferentes recepcións que pode ter unha mesma mensaxe dependendo do emisor e do receptor...
Todas estas aprendizaxes prácticas veñen reforzar o aprendido sobre a narración dentro das clases, ademais de servir como guía para a actividade que en breve deberá realizar o alumnado : a exposición dentro da súa aula dun conto na que terá poñer en práctica o aprendido.

Os membros da TROPA DE TRAPO, Brais e Marta , souberon ademais transmitirnos con enorme sensibilidade historias doutras culturas e doutros pobos, que tan similares poden ser ás nosas en moitas ocasións . E todo iso nun clima tranquilo e agradable, que nos transmitiu moitísima paz . Estamos moi contentos de que estivesen connosco no instituto.
Pódese ver máis información sobre a actividade no blogue de Lingua galega MORADÍAS DO VENTO
»