ROTEIRO ROSALIANO 2013
Un curso máis o alumnado de 3º de ESO realizou o roteiro rosaliano; unha actividade xa instituída que o departamento de Lingua galega organiza cada ano con grande satisfacción. O percorrido complementa a programación da materia e consiste na realización dun itinerario que segue parte da vida de Rosalía de Castro por terras de Santiago e de Padrón . Nesta ocasión iniciamos o camiño casa-museo da Matanza en Padrón e rematamos en Santiago no Museo do pobo galego e no Panteón de galegos ilustres. Que ben o pasamos e canto aprendemos!