Información Coronavirus
Horario de atención ao público para xestións administrativas
Enviado por Gonzalo o Ven, 08/05/2020 - 17:16Horario de atención ao público para xestións administrativas de luns a venres de 10:00h a 13:30h
Instruccións de seguridade para o acceso ás instalacións en relación á protección por infección pola COVID-19
1. A porta das instalacións permanecerá pechada en todo momento.
2. Só se permitirá o acceso ás instalacións dunha persoa cada vez.
3. Cando remate e saia esa persoa entrará a seguinte por orde de chegada. Lémbrase ás persoas que agardan que deben respectar a distancia interpersoal de 2 metros.
4. Ao acceder ás instalacións a persoa:
- Lavará as mans con xel hidroalcohólico
- Poñerá luvas desbotables.
- Poñera unha máscara desbotable.
5. Respectarase a distancia interpersoal en todo momento co persoal do centro.
6. Unha vez feitos os trámites, depositaranse á saída as luvas e as máscaras nas papeleiras destinadas a tal fin.
Tarefas CUALE (4/05/2020)
Enviado por Gonzalo o Lun, 04/05/2020 - 07:14Envío a seguinte tanda de tarefas de CUALE. Teñen datas de entrega distintas debido ó calendario as súas clases.
As de A1 e A2 inclúen tarefas da última unidade do libro e logo os tests finais que teriamos feito en clase.
As de B1 e B1, rematado o traballo de libro, inclúen os test finais que teriamos feito en clase.
Coma sempre estes documentos xunto cos audios correspondentes e os documentos onde facer o test están en rar para descargar no http://elblogdelaprofe-uxi.blogspot.com/ a través de Dropbox. Se a alguén non lle abre ou non lle permite descargar, probar dende Firefox, outros poden non permitir descargar arquivos de Dropbox, polo visto. Unha vez feitas as tarefas poden enviar coma sempre os documentos de texto cubertos ó meu gmail. Tamén se teñen calquera dúbida.
RE-LATA. Día das letras galegas 2020
Enviado por Gonzalo o Ven, 01/05/2020 - 03:36RE-LATA. Día das letras galegas 2020.
Para celebrar o Día das Letras Galegas. A Biblioteca do centro e o Equipo de Dinaminazión propoñemos a participación na primeira edición do Re-lata 2020.
A idea é crear vídeos nos que se conte unha historia en galego a partir de títulos de libros. No cartel e nas bases está toda a información.
Bases do concurso:
Crea a túa historia reutilizando títulos de libros que tes na casa
1) Selecciona aqueles títulos que che resulten mais suxestivos, orixinais, poéticos...
2) Conta a túa pequena historia en galego (se non atopas todos os títulos en galego, podes usalos tamén noutras linguas)
3) Grava a túa historia e envíanos o vídeo ao correo electrónico da biblioteca: biblioteca.iesmontecastelo@gmail.com
(O vídeo debe durar menos dun minuto)
4) O Día das Letras nomearemos aos gañadores e compartiremos todas as historias no blog da biblioteca e nas redes sociais do noso centro.
No blog da biblioteca podedes ver algún exemplo
Animádevos a participar tod@s!!!!
Data límite: 12 de maio
Día de E.F. na casa
Enviado por Gonzalo o Lun, 27/04/2020 - 08:31Este martes 28 de abril é o “Día da EF na rúa” (que este ano é “Día da EF na casa”), no cal participan centros educativos de toda España.
¿E qué vai facer o noso alumnado? Como sabedes os Xogos Olímpicos de Tokio 2020 están suspendidos… ¡pero na Mariña Lucense non! Aquí tedes a proba…
https://view.genial.ly/5ea30c0a8cfd990d7d731df5/presentation-los-juegos-olimpicos-en-a-marina
Os alumnos/as participan nesta iniciativa mediante vídeos practicando un deporte que lles guste e sexa olímpico. Os máis maiores tamén participan nas redes sociais cos hashtag #DEFC2020 #DEFR2020, practicando outras actividades físicas, retos físicos ou deportes dentro das súas casas.
Por outra banda, este día hai unha sesión especial de Educación Física na cal se pode sumar toda a familia. Publícase en aberto a través de YouTube Consejo COLEF, co seguinte horario:
- Secundaria, ás 11:00 h
- Bacharelato, ás 12:00 h
¡Animádevos a participar!
Servizos Dixitais Educativos
Enviado por Gonzalo o Dom, 26/04/2020 - 03:10Co fin de facilitar á comunidade educativa o uso dos distintos servizos dixitais, están dispoñibles 12 videotitoriais nos que se amosa de xeito sinxelo como comezar a usar cinco servizos dixitais educativos:
Dous sobre a aplicación para as familias abalarMóbil
- Videotitorial sobre a instalación e rexistro de abalarMóbil
- Videotitorial sobre as funcionalidades de abalarMóbil
Un sobre o uso da ferramenta de e-portfolio e comunidades educativas dixitais Agueiro
Tres sobre o uso das videoconferencias eduXunta Webex, por parte do profesorado e do alumnado
- Videotitorial sobre o servizo de videoconferencias Webex (profesorado organizador)
- Videotitorial sobre o servizo de videoconferencias Webex (alumnado)
- Videotitorial sobre o servizo de videoconferencias Webex: que navegador usar en equipos Linux
Un sobre o uso da mensaxería na comunicación coas familias por parte do profesorado a través de espazoAbalar
Cinco sobre as funcionalidades básicas das Aulas Virtuais dos centros educativos:
- Videotitorial sobre Aulas Virtuais: crear cursos
- Videotitorial sobre Aulas Virtuais: crear etiquetas e engadir ficheiros
- Videotitorial sobre Aulas Virtuais: crear tarefas para o alumnado
- Videotitorial sobre Aulas Virtuais: corrixir tarefas do alumnado
- Videotitorial sobre Aulas Virtuais: creación e xestión de foros
Os videotitoriais están dispoñibles na canle Youtube de espazoAbalar e no Espazo de servizos dixitais educativos dentro das seccións App de comunicación abalarMóbil, Ferramenta de portfolio Agueiro, Servizo de videoconferencia Webex, Servizo de comunicación espazoAbalar e Aulas Virtuais.
Estes recursos veñen a reforzar todos os materiais e manuais empregados nos procesos de formación do profesorado e que están publicados no Espazo de servizos dixitais educativos do espazoAbalar e na Aula Abalar Aberta.
Conexión a internet gratuita
Enviado por Gonzalo o Mér, 22/04/2020 - 07:46As persoas interesadas no wifi teñen que enviar un correo ao centro (ies.monte.castelo@edu.xunta.gal) ou un WhastApp ao móbil do instituto (667 47 15 47) indicando:
- Nome e apelidos da persoa solicitante (nome e apelidos do fillo/filla e curso)
- DNI
- Dirección.
- Teléfono de contacto.
Tarefas CUALE (22 de abril de 2020)
Enviado por Gonzalo o Mér, 22/04/2020 - 03:30Envío das seguintes tarefas de CUALE. Son 4 documentos de texto para responder, que inclúen enlaces ós audios vía Dropbox. Se non funcionasen teñen todo coma sempre colgado no blog http://elblogdelaprofe-uxi.blogspot.com/ así como o correo electrónica da profesora.
Sería moi interesante que enviedes a profesora as actividades una vez feitas, para ver como progresa o traballo que estades a facer.
Orientacións provisionais para o terceiro trimestre
Enviado por Gonzalo o Ven, 17/04/2020 - 13:09O pasado mércores, día 15 de abril, en reunión da Conferencia Sectorial de Educación, o Ministerio de Educación e Formación Profesional achegou ás Comunidades Autónomas un documento base para a publicación dunha norma que regule as directrices para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso 2019-2020 e o inicio do curso 2020-2021.
En tanto non se publique a correspondente norma é oportuno adiantar como avance estas orientacións para os centros educativos para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso 2019-2020.
Continuidade do calendario escolar
As actividades lectivas que se desenvolven durante o terceiro trimestre do curso 2019-2020, sempre condicionadas polo situación sanitaria, non se estenderán más alá das datas establecidas na Orde do 20 de xuño de 2019, pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2019/2020 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, excepción feita dalgúns procesos singulares, como a celebración das probas da ABAU ou as de acceso ás diferentes ensinanzas.
Adaptación da actividade
As actividades lectivas que se desenvolvan durante o terceiro trimestre do curso 2019-2020 deberán combinar de maneira integrada as actividades a distancia e as presenciais que puideran levarse a cabo, segundo evolucione a situación sanitaria. A tal efecto, os centros educativos:
Prestarán especial atención a identificar ao alumnado desconectado por diversas circunstancias ou non localizable.
Farán un especial esforzo para identificar ao alumnado que carece de medios de conexión dixital.
Adaptarán o modelo de titorías á nova situación, e organizarán accións de orientación académica e profesional cos medios dispoñibles.
Os centros educativos organizarán os seus recursos de apoio para favorecer na medida do posible a axeitada atención ao alumnado con necesidades educativas especiais.
Os Departamentos de Orientación continuarán co desenvolvemento das actuacións, medidas e programas para a atención á diversidade
Avaliación
Os centros e o profesorado adaptarán o sistema de avaliación do alumnado, co obxectivo prioritario de que os alumnos e as alumnas non perdan o curso e poidan continuar avanzando na súa formación, tendo en conta de maneira especial a situación do alumnado máis vulnerable.
A avaliación das aprendizaxes desenvolvidas a partir da suspensión das actividades lectivas presenciais será continua e acentuará o seu carácter diagnóstico e formativo en todas as etapas, ciclos e ensinanzas, para valorar os avances realizados e os atrasos que se teñan podido producir, con obxecto de planificar as medidas de recuperación que sexan necesarias e programar o vindeiro curso.
A avaliación final das aprendizaxes do alumnado durante o curso 2019-2020 considerará en conxunto as avaliacións de todo o curso, valorando especialmente o grao de desenvolvemento das aprendizaxes e das competencias imprescindibles previamente definidas.
Os centros educativos e o profesorado emitirán un informe individual valorativo do traballo realizado polos seus alumnos e alumnas no curso, que inclúa os atrasos que puidesen terse producido e un plan de recuperación destes.
Comunicado do 13 de abril
Enviado por Gonzalo o Mar, 14/04/2020 - 04:04Con motivo do mantemento da situación de emerxencia de saúde pública causada polo COVID-19, e conseguinte suspensión da actividade lectiva presencial desde o pasado 13 de marzo, unha vez rematadas as vacacións de semana santa e coa finalidade que os centros educativos poidan iniciar a organización da súa actividade neste terceiro trimestre:
1.- A actividade lectiva non presencial continuarase, con carácter xeral, mediante repaso, reforzo e recuperación do traballo desenvolvido, centrándose na adquisición das competencias clave. Así mesmo, os centros educativos avaliarán as medidas a adoptar para a atención ao seu alumnado con maiores dificultades de acceso á educación no actual contexto.
2.- Unha vez teña lugar a xuntanza da Conferencia Sectorial de Educación, prevista para o vindeiro mércores, 15 de abril, na que participan o Ministerio de Educación e Formación Profesional e as Comunidades Autónomas, coa finalidade de coordinar as medidas concretas a adoptar para o desenvolvemento do terceiro trimestre e final do curso 2019/2020, ditaranse as instrucións que procedan.
Notas Segunda Avaliación
Enviado por Gonzalo o Xov, 02/04/2020 - 16:14Publicaránse as notas da segunda avaliación a través de Abalar Móbil o venres 3 de abril ás 14:00 para os estudios ordinarios e ás 18:00 para os estudios de adultos.
A app de Abalar Móbil solamente se pode utilizar cos números dos móbiles que teñades rexistrados no centro educativo.