Horario de atención ao público para xestións administrativas
Horario de atención ao público para xestións administrativas de luns a venres de 10:00h a 13:30h
Instruccións de seguridade para o acceso ás instalacións en relación á protección por infección pola COVID-19
1. A porta das instalacións permanecerá pechada en todo momento.
2. Só se permitirá o acceso ás instalacións dunha persoa cada vez.
3. Cando remate e saia esa persoa entrará a seguinte por orde de chegada. Lémbrase ás persoas que agardan que deben respectar a distancia interpersoal de 2 metros.
4. Ao acceder ás instalacións a persoa:
- Lavará as mans con xel hidroalcohólico
- Poñerá luvas desbotables.
- Poñera unha máscara desbotable.
5. Respectarase a distancia interpersoal en todo momento co persoal do centro.
6. Unha vez feitos os trámites, depositaranse á saída as luvas e as máscaras nas papeleiras destinadas a tal fin.