Información Coronavirus

Entrega boletíns setembro 2020

Información setembro 2020

ABAU Viveiro 19- 20

A Consellería de Sanidade acaba de publicar no DOG a ORDE do 5 de xullo de 2020 pola que se establecen determinadas medidas de prevención nos concellos de Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, Ribadeo, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove, como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19.

 

No seu punto 4 fai referencia as probas ABAU, que non se suspende.

 4. Realización das probas ABAU.

1. A realización das probas da ABAU programadas poderá levarse a cabo cumprindo os protocolos previstos para a súa celebración.

2. Deberá procurarse evitar as aglomeracións ao inicio e á saída dos lugares en que se realicen as probas e rexerá o límite dun máximo de dez persoas por grupo nas zonas externas ás aulas de realización da proba e no exterior dos lugares en que se realicen.

3. Poderá exceptuarse o uso da máscara no momento de realización da proba sempre que o alumno permaneza sentado.

 

DOG 5 de xullo

 

 

Entrega equipos EDIXGAL

O alumnado de 2º ESO, que promocione en setembro para 3º ESO ou que non vai cursar estudos no centro durante o curso 2020-21, ten que devolver os equipos EDIXGAL antes do 5 de setembro.

O equipo Edixgal a entregar no centro estará en perfectas condicións e limpo, asinarase o documento de recollida do seguinte material.

  • Ordenador portátil.
  • Bolígrafo punteiro.
  • Cargador.
  • Maletín.

O Alumnado de 1º ESO, non ten que devolver os equipos, agás que non  continúe no seguinte curso 2020 / 2021 no IES Monte Castelo.

Entrega boletíns

Matrícula libre do alumnado CUALE en EOI curso 2019-2020

O prazo orixinal foi do 3 ó 23 de marzo.


Nas novas instruccións podedes ler toda a información sobre como proceder agora:


http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/2020.05.20._instrucions_fin_de_curso_eoi_2.pdf


Ademais podedes ver na sección "Sétima. Matrícula do alumnado dos cursos CALC e Cuale"

Sétima. Matrícula do alumnado dos cursos CALC e Cuale
Establecerase un novo prazo para a formalización da matrícula do alumnado dos cursos CALC, Cuale e cursos de formación do profesorado de  preparación das probas de certificación das EOI que non puidese formalizala no prazo establecido na Circular 1/2020, que quedou suspendido pola declaración do estado de alarma. Este prazo farase público nas páxinas web e taboleiros de anuncios das EOI coa antelación suficiente á realización  das probas.


Web da EOI de Viveiro http://www.edu.xunta.gal/centros/eoideviveiro/

Adaptacións programacións didácticas

Acceso as modificacións das programacións para o 3º trimestre do curso 2019 / 2020, dos diferentes departamentos:

Acceso as modificacións das programacións para o 3º trimestre do curso 2019 / 2020, dos ciclos formativos de FP

Distribuir contido