Día de E.F. na casa
Este martes 28 de abril é o “Día da EF na rúa” (que este ano é “Día da EF na casa”), no cal participan centros educativos de toda España.
¿E qué vai facer o noso alumnado? Como sabedes os Xogos Olímpicos de Tokio 2020 están suspendidos… ¡pero na Mariña Lucense non! Aquí tedes a proba…
https://view.genial.ly/5ea30c0a8cfd990d7d731df5/presentation-los-juegos-olimpicos-en-a-marina
Os alumnos/as participan nesta iniciativa mediante vídeos practicando un deporte que lles guste e sexa olímpico. Os máis maiores tamén participan nas redes sociais cos hashtag #DEFC2020 #DEFR2020, practicando outras actividades físicas, retos físicos ou deportes dentro das súas casas.
Por outra banda, este día hai unha sesión especial de Educación Física na cal se pode sumar toda a familia. Publícase en aberto a través de YouTube Consejo COLEF, co seguinte horario:
- Secundaria, ás 11:00 h
- Bacharelato, ás 12:00 h
¡Animádevos a participar!