You are hereTaboleiro
Taboleiro
SOLICITUDE DE ENTREVISTA TITOR OU PROFESOR DE MATERIA
A solicitude de entrevistas telemáticas cos titores de cada grupo así como do profesorado realizarase a través da plataforma ABALAR MÓBIL (acceder menú da aplicación→ titorías → seleccionar profesor/a co que se desexa contactar-→ enviar a mensaxe de solicitude de entrevista). Enviar mensaxe con solicitude de entrevista.
O profesorado ten marcado no seu horario unha hora de atención ás familias que aparecerá especificada no listado de profesores que aparace na aplicación ABALAR MÓBIL
En caso de non ser posible por este procedemento, poñerse en contacto co centro (vía correo-e: ies.melide@edu.xunta.es, ou telefónicamente: 881866109) indicando o nome da persoa que solicita a cita, o nome do alumno/a, curso e o profesor/a con quen se quere falar. O centro porase en contacto co profesor e buscarase a vía telemática máis apropiada.
DATAS AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA ESA módulo III
Datas para a avaliación extraordinaria da ESA, móulo III, que se realizarán de forma telemática:
-Ámbito social: día 12 de maio de 12h a 13h.
-Ámbito científico: día 13 de maio de 11h a 13h.
-Ambito de comunicación: día 14 de maio de 11h a 13h.
INSTRUCIÓNS DO 27 DE ABRIL
Estimadas familias,
como xa saberedes, o pasado 27 de abril a Consellería de Eduación publicou as instrucións a seguir para o curso 2019/20. Son moitos os axustes que temos que facer agora o profesorado e departamentos en cando as programacións e criterios de avaliación, polo que ata a vindeira semana non publicaremos as modificacións realizadas. Mentras deixamos un breve resumo dalgúns puntos que recollen estas instrucións:
-
Flexibilizaranse criterios de promoción e titulación para evitar que a situación actual perxudique ó alumnado
-
Para acadar a nota final teranse en conta as notas de 1º e da 2º avaliación, avaliación actual para recuperar, reforzar e avanzar contidos mínimos imprescindibles.
-
A nota do terceiro trimestre solo poderá ser tida en conta para subir nota.
-
A avaliación de setembro sigue operativa.
-
As materias que non se aproben este curso se levarán como materias pendentes para o curso 2020-21.
-
Polo tanto, todo aquel alumnado que teña suspensas 1º e 2º avaliación que aproveite este tempo para recuperar o máximo posilbe.
En canto teñamos máis concreción publicarémola na páxina wed do centro.
PLANIFICACIÓN DE 1º ESO e 2º ESO
Vistas as dificultades que está tendo o alumnado dos cursos inferiores para organizar e xestionar os apuntes proporcionada polo profesorado, tarefas e datas de entrega, tratamos de organizar toda esta información nun único documento, tamén tratamos de igualar criterios para subir o material de cada semana á aula virtual así como as datas de entregas de tarefas. Esperamos que vos sirvan de axuda.
Nos documentos de cada curso podedes consultar:
- Horario das sesións de video-conferencias que vai a ter o alumnado. Será o profesor da materia quen indicará o día que comenza estas sesións.
- Desglosado por materia: lugar onde se localiza a información, lugar onde hai que entregar as tarefas e data establecida como norma para entregar (admite excepcións que indicará profesorado debidamente).
PUBLICADOS NOVOS MODELOS PROBAS ABAU
A CIUG publicou, na súa páxina web, os novos modelos de probas ABAU para este curso.
ENQUISA SOBRE CONECTIVIDADE
A continuación a ligazón a enquisa sobre conectividade. Prazo para cubrila 17 abril.
Se non funciona directamente, copiar enlace e pegalo na barra de navegación.
INFORMACIÓN SOBRE AS ABAU
Datas das ABAU 7, 8 e 9 de Xullo, as datas das probas extraordinarias foron fixadas o pasado luns día 6 de abril para os días 15, 16 e 17 de setembro.
NOTAS SEGUNDA AVALIACIÓN
As notas da segunda avaliación poderán ser consultadas na plataforma ABALAR MÓBIL o VENRES 3 DE ABRIL a partir das 12:00h.
ACCESO AULA VIRTUAL
Todo o alumnado do centro xa ten credas as contas na aula virtua do IES de Melide.
Ler máis...
NOVOS AVISOS DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN
Como resultado da Conferencia Sectorial de Educación mantida hoxe día 25 de marzo, publicáronse na páxina web da Consellería de Educación uns avances das medidas a tomar e que concretarán ao longo do mes de abril.