You are herecontent / PLANIFICACIÓN DE 1º ESO e 2º ESO
PLANIFICACIÓN DE 1º ESO e 2º ESO
Vistas as dificultades que está tendo o alumnado dos cursos inferiores para organizar e xestionar os apuntes proporcionada polo profesorado, tarefas e datas de entrega, tratamos de organizar toda esta información nun único documento, tamén tratamos de igualar criterios para subir o material de cada semana á aula virtual así como as datas de entregas de tarefas. Esperamos que vos sirvan de axuda.
Nos documentos de cada curso podedes consultar:
- Horario das sesións de video-conferencias que vai a ter o alumnado. Será o profesor da materia quen indicará o día que comenza estas sesións.
- Desglosado por materia: lugar onde se localiza a información, lugar onde hai que entregar as tarefas e data establecida como norma para entregar (admite excepcións que indicará profesorado debidamente).