You are hereTaboleiro
Taboleiro
COMUNICACIÓN PROFESORADO CO ALUMNADO-ACTUALIZADO A 31 MARZO
Actualizamos documento de comunicación do PROFESORADO CO ALUMNADO para consultar as tarefas a realizar
DOCUMENTO ACTUALIZADO a 31 de marzo profesorado ESO e BAC
PROCEDEMENTO DE COMUNICACIÓN DO PROFESORADO CO ALUMNADO
A continuación tedes o documento onde está recollido por curso, materia e profesor a forma que terán de deixar tarefas estes días.
CIRCULAR INFORMATIVA SOBRE TRABALLO DESTES DÍAS
Estimadas familias:
Vistos os últimos acontecementos estamos preparándonos por un posible aumento de días de suspensión da actividade docente presencial, isto nos vai a levar un días polo que vos solicitamos paciencia e colaboración. Esta fin de semana, como puidestes observar, a páxina web do centro e a aula virtual estiveron en mantemento, polo que o que tiñamos pensado adiantar durante a fin de semana para que estivera case todo listo, terémolo que facer ao longo destes días.
Pasamos a darvos algunhas indicacións sobre como funcionaremos. Son moitas as instrucións que van, por favor, lede todo moi atentamente (e varias veces se fai falta) e logo, se precisades aclaracións chamade ó centro, pero procurade non colapsarnos con pequenas cuestións:
- A comunicación do profesorado co alumnado: será principalmente a través da aula virtual, correo electrónico, páxina web e abalar móbil. Xúntase listado detallado por cursos e materias onde se indica a forma que vai empregar o profesorado para comunicarse con vós e enviarvos tarefas.
- A maioría dos cursos e inicialmente estes días son accesibles como convidado, polo que non precisades nome de usuario e contrasinal, premedes no curso e na ventá que aparece marcamos entrar como convidado.
- O material irase engadindo pouco a pouco, entre hoxe e mañán estarán todos os cursos creados.
- Mentras non está habilitada a aula virtual: para traballar ao longo desta semana:
- Lede detidamente a guía elaborada polo departamento de orientación para organizarvos da mellor forma posible estes días.
- Repasade e estudade toda a materia do trimestre, pois as probas de avaliación do 2º trimestre non feitas, serán realizadas nada máis regresemos seguindo un calendario que publicaremos mércores día 18 de marzo.
- Realizade as tarefas que o profesorado vos vai indicando na páxina web do centro (apartado departamentos no departamento correspondente, correo electrónico ou aula virtual).
- Enviaremos instrucións sobre o manexo da aula virtual para todo aquel alumnado e familias que nunca a manexaron:
-
Se alguén precisa de asesoramento ou non é capaz de entrar na aula virtual, poderá chamar ó centro (881866109-722567520 en horario de 10h a 13h), trataremos de resolver todas as dúbidas.
-
Alumnado que sabe manexar a aula virtual podería axudar a resolver dúbidas ós compañeiros
-
Para alumnado que non ten medios telemáticos para seguir as clases, poñerémonos en contacto coas autoridades para confirmar que vos podedes achegar ó centro a recoller as copias do traballo aportado polo profesorado.
-
Mantemos para hoxe a avaliación de 2º bac, mañán día 17 de marzo á partir das 12 h faremos visibles as notas dende a aplicación ABALAR MÓBIL, aquel alumanado maior de idade que non ten acceso a abalar móbil poñerémonos en contacto con vós.
Esperamos que esteades todos ben, irémosvos informando pouco a pouco trataremos de ir aclarando as dúbidas que poidan xurdir.
Graciñas pola vosa colaboración e coidádevos moito
O Equipo Directivo
MEDIDAS A ADOPTAR NOS CENTROS EDUCATIVOS.
Remitimos información publicadad na páxina web da Consellería de Educación:
Medidas a adoptar en todos os centros de ensino en relación coa pandemia covid- 19 para os vindeiros 14 días naturais contados dende o día 16 de marzo de 2020
SUSPENSIÓN DAS CLASES A PARTIR DO LUNS 16 DE MARZO
Ante o anuncio da voluntariedade de asistencia a clase, mañá venres 13 de marzo e a suspensión da actividade académica dende o 16 de marzo no ensino galego, informamos:
-Mañán venres o centro permanecerá aberto e o alumnado será atendido polo profesorado no seu horario habitual.
-Respecto das probas de avaliación previstas para mañán 13 de marzo: queda a criterio do profesorado realizar ou non as probas pero coa OBRIGATORIEDADE de facerllas ó alumnado que falte mañá unha vez se reanude a actividade lectiva.
-Respecto da información solicitada na circular enviada hoxe a través do alumnado: agradeceríamos nola fagan chegar (persoalmente no centro ou a través de chamada telefónica) pois seríanos de gran axuda para organizar o traballo dos próximos días.
Seguiremos informando das novas que se produzan ao longo destes días a través de ABALAR MÓBIL e a PÁXINA WEB do centro.
Grazas pola vosa colaboración.
O equipo directivo
O IES de Melide contará para os cursos 2015/16 e 2016/17 cun Plan de Formación Permanente do Profesorado
Non alleos ó movemento de innovación pedagóxica, estamos a impulsar un traballo por proxectos transversais baseados nas competencias claves baixo liderados compartidos co alumnado e utilizando metodoloxías colaborativas facilitadas por un uso creativo, pedagóxico e interactivo das TIC.
Co nome de eNPRoXeCTo queremos desenvolver aprendizaxes nas que despreguemos o conxunto integrado de contidos, destrezas e actitudes (dimensións da competencia), poñéndoas ó servizo da resolución eficaz dunha situación "problemática".
Obxectivos
-Analizar os currículos buscando coincidencias que permitan o traballo por proxectos transversais e interdepartamentais (profesorado) e intergrupal (alumnado) cun cambio real na metodoloxía de aula, traballo por competencias clave.
-Avanzar rumbo unha perspectiva curricular da atención á diversidade, buscando solución de aprendizaxe baseadas nas modificacións a nivel contextual, buscando a máxima inclusión posible.
-Coñecer o funcionamento básico das TIC e as súas posibilidades pedagóxicas, interactivas e creativas dentro e fóra da aula. Estudar e analizar as posibilidades que teñen como ferramenta colaborativa e integradora do alumnado con NEE.
28 febreiro, 1 e 2 marzo - XORNADAS DE FORMACIÓN
PREME AQUÍ PARA VER O PROGRAMA
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5