You are hereActividades / Escolares

Escolares


“Non hai amor no maltrato”, 1º PREMIO NO CONCURSO 25N - XUNTA

O IES de Melide obtivo 1º premio na 2ª categoría (3º, 4º ESO e bacharelato) imaxe gráfica no concurso, “25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero”, organizado pola Secretaría Xeral de igualdade. 

O traballo premiado que leva por lema “Non hai amor no maltrato”, foi realizado pola alumna Carla Rivadulla Fociños e o alumno Ander Varela Martín de 1º de bacharelato.

Parabéns para Ander, Carla e para o seu profesor de Debuxo Artístico I, Antonio Núñez Martínez. 

Carla e Ander, que recolleron o premio en San Caetano, manifestaron: 

“Queríamos realizar un traballo sinxelo e cunha mensaxe clara e orixinal”. 

“En primeiro lugar montamos unha choiva de ideas na que por unha parte seleccionamos elementos e comportamentos que deben estar presentes nunha relación, que pode ser de amor ou non, como o cariño, a amizade, a paz, o feito de compartir, a fidelidade, a tenrura... e por outra, os aspectos negativos que nunca deberían estar presentes, como os insultos, as agresións, os celos, a dor, a violencia... “

“A partir desta choiva de ideas seleccionamos as palabras de maltrato e amor que engloban ás demais e démonos conta de que, en algo aparentemente contraditorio como son o maltrato e o amor, poida existir unha palabra entre a outra, pois xamais pode haber amor no maltrato, nin maltrato no amor.

 “A partir de aquí montamos o traballo coa idea que nos explicou o profesor Antonio sobre o do xogo do Scrabble.”   

 “O fondo do traballo decidimos poñelo en morado, pois é a cor que representa a loita contra a violencia de xénero.”

Zeroadiccións

#Zeroadiccións No marco do programa sobre prevencións de adiccións da área de Acción Social da Deputación da Coruña tivo lugar no IES Melide un conxunto de actividades formativas e informativas para informar e debater sobre as adiccións, a súa prevención e os riscos e perigos que ocasiona padecer algún tipo de adicción. 

    Algún dos obxectivos a acadar foron: promover a educación en valores e a convivencia, promover a resolución de conflitos mediante a mediación e o desenvolvemento de habilidade socias, previr os consumos de toda índole dende idades temperás, previr as condutas de risco e aditivas de toda índole dende idades máis temperás, integrar os modelos de vida saudables nos momentos claves do ciclo vital en termos de consumo e adición.

A CONSTRUCIÓN DO ALBERGUE DE INSECTOS E O ACONDICIONAMENTO E ESTUDO DA BIOLOXÍA DA CHARCA ENTRE AS NUMEROSAS ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS POLO CLUB DE CIENCIAS DO IES DE MELIDE.

O IES de Melide está situado ás aforas do casco urbano do Concello, nunha zona húmida rodeada de grandes prados sen urbanizar. Aproveitando esta ubicación, a finais do pasado curso 2016-2017 construíuse unha charca nunha ampla área verde situada no patio do instituto.

Durante o curso, aproveitamos para estudar distintos conceptos ecolóxicos na propia zona verde. Identificáronse distintas especies animais que habitan a charca, axundándonos dun trueiro para a súa captura. Plantáronse plantas (lirios amarelos, xuncos, menta acuática, etc.) no seu arredor para dotar a dita charca dun aspecto o máis natural posible.

Na mesma área temos situado un hotel de insectos (a súa construción enmarcouse dentro das actividades levadas a cabo polo club de ciencia), debido a que a súa colocación foi recente, todavía non hai "inquilinos" para poder identificar, pero a actividade serviu para que o alumnado reflexione sobre a importancia dos insectos nos ecosistemas. 

Memoria do Club de Ciencia

FOTOS ORLA E ACTO DE DESPEDIDA 2º BAC

Tedes a continuación as fotos do acto de despedida de 2º BAC e das orlas.

-Ligazón ás fotos das ORLAS

-Ligazón ás fotos do acto de despedida.

 

XORNADA DE ACOLLIDA - ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA

Como cada ano por estas datas recibimos a visita do alumnado dos CIPS adscritos (Nº1, Martagona, Pastor Barral, Toques e Arcediago).

O alumnado que de 1º de ESO capitaneou un acto informativo, flexible e interactivo no que se presentaron cuestións de interese relativas á nova etapa educativa que o alumnado iniciará en setembro. 

No acto, no que tamén participou o equipo directivo e a orientadora do centro, tratáronse tamén cuestións que atinxen á organización e funcionamento do IES de Melide e á liña de traballo que se segue.

Finalizou o acto cun percorrido polas instalacións do IES.

Vémonos en setembro!

CORREMELIDE 2018

   Un ano máis o IES de Melide organizou o “Corremelide”, unha actividade lúdico-deportiva que ten como principal obxectivo o fomento da lingua galega nun día de convivencia entre os rapaces e rapazas dos centros educativios de Melide.

   Máis de seiscentos nenos e nenas dos centros educativos de Melide (CEIP nº1, CEIP Martagona e CEIP Mestre Pastor Barral, CEIP Martagona, CEIP de Toques e IES de Melide) participaron neste evento cultural e deportivo que cumpría a súa décimo oitava edición.

   O IES de MELIDE agradece a colaboración na organización do Concello de Melide, Policía Local, Protección Civil e da empresa JIM Sport.

CADRO DE ACTIVIDADES

IES DE MELIDE GAÑADOR DO CONGRESO ALIMÉNTATE BEN

Alumnado de 1º ESO do noso centro participou no I Congreso Aliméntate ben onde expuseron as conclusión do seu traballo realizado ó longo do curso e seguro convenceron ó xurado cos seus "5 nutriconsellos para un prato saudable" pois conseguiron o 1º premio. Noraboa a todos!!

O proxecto presentado o pasado venres 4 de maio foi elixido como o mellor para o ámbito do ensino secundario e de formación profesional. O premio concedido de 2.500 €  empregarase en financiar as actividades do proxecto que se está a desenvolver no centro. O alumnado de 1º de ESO gozará tamén dun día de desfrute no parque acuático de Cerceda.

Seguir lendo...

Enlace a iesaudemelide para ver vídeo e presentacións...

 

CONCURSO ROBÓTICA EEI EN VIGO

Alumnado de robótica participou no concurso que organiza a Escola de Enxeñeiros Industriais en Vigo o pasado 4 de maio. Alí competiron cos seus deseños e desfrutaron dunha xornada inolvidable.

O IES DE MELIDE NOS III LUDI COMPOSTELANI

Alumnado do IES de Melide estivo nos III LUDI COMPOSTELANI, celebrados na Facultade de Filosofía en Santigo de Compostela, nos que se organizaron diferentes actividades relacionadas coa cultura clásica para alumnado de primaria e secundaria e  no que o noso centro participou organizando obradoiros de moda clásica, escritura e danza ademais de representar a Regueifa filosóf@s greg@s vs filosof@s alemáns.

IIILUDICompostelani

conferncia "MAIO DO 68 EN COMPOSTELA"

Ricardo Gurriarán, doctor en Historia Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela, estivo este martes co alumnado de 1º bach que cursa a materia de historia do mundo contemporáneo para explicar como foi e como se viviu o maio do 68 en Compostela.

maio68Compostela

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido