You are herecontent / “Non hai amor no maltrato”, 1º PREMIO NO CONCURSO 25N - XUNTA
“Non hai amor no maltrato”, 1º PREMIO NO CONCURSO 25N - XUNTA
O IES de Melide obtivo 1º premio na 2ª categoría (3º, 4º ESO e bacharelato) imaxe gráfica no concurso, “25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero”, organizado pola Secretaría Xeral de igualdade.
O traballo premiado que leva por lema “Non hai amor no maltrato”, foi realizado pola alumna Carla Rivadulla Fociños e o alumno Ander Varela Martín de 1º de bacharelato.
Parabéns para Ander, Carla e para o seu profesor de Debuxo Artístico I, Antonio Núñez Martínez.
Carla e Ander, que recolleron o premio en San Caetano, manifestaron:
“Queríamos realizar un traballo sinxelo e cunha mensaxe clara e orixinal”.
“En primeiro lugar montamos unha choiva de ideas na que por unha parte seleccionamos elementos e comportamentos que deben estar presentes nunha relación, que pode ser de amor ou non, como o cariño, a amizade, a paz, o feito de compartir, a fidelidade, a tenrura... e por outra, os aspectos negativos que nunca deberían estar presentes, como os insultos, as agresións, os celos, a dor, a violencia... “
“A partir desta choiva de ideas seleccionamos as palabras de maltrato e amor que engloban ás demais e démonos conta de que, en algo aparentemente contraditorio como son o maltrato e o amor, poida existir unha palabra entre a outra, pois xamais pode haber amor no maltrato, nin maltrato no amor.
“A partir de aquí montamos o traballo coa idea que nos explicou o profesor Antonio sobre o do xogo do Scrabble.”
“O fondo do traballo decidimos poñelo en morado, pois é a cor que representa a loita contra a violencia de xénero.”