You are herecontent / IES DE MELIDE GAÑADOR DO CONGRESO ALIMÉNTATE BEN
IES DE MELIDE GAÑADOR DO CONGRESO ALIMÉNTATE BEN
Alumnado de 1º ESO do noso centro participou no I Congreso Aliméntate ben onde expuseron as conclusión do seu traballo realizado ó longo do curso e seguro convenceron ó xurado cos seus "5 nutriconsellos para un prato saudable" pois conseguiron o 1º premio. Noraboa a todos!!
O proxecto presentado o pasado venres 4 de maio foi elixido como o mellor para o ámbito do ensino secundario e de formación profesional. O premio concedido de 2.500 € empregarase en financiar as actividades do proxecto que se está a desenvolver no centro. O alumnado de 1º de ESO gozará tamén dun día de desfrute no parque acuático de Cerceda.
Enlace a iesaudemelide para ver vídeo e presentacións...