ABERTO PRAZO ADMISIÓN CURSO 21/22

Aberto prazo de admisión para curso 2021/22 para todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo así como para os de infantil, primaria, secundaria e bacharelato, que desexen cambiar de centro escolar, sempre que existan prazas libres.

Os trámites poden realizarse vía telemática: 

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado ou no centro, solicitando citra previa.

MAIS INFORMACIÓN     

Probas de Acceso a CF de Grao Medio e Grao Superior

Convócanse as Probas de Acceso a CF de Grao Medio e Grao Superior.

Requisito de idade:

Probas de acceso a GM: 17 anos ou cumprilos no ano 2021.

Proba de acceso a GS: 19 anos ou cumprilos no ano 2021.

Achegamos un documento coas datas de interese.

Pódese ampliar información solicitando cita previa no Departamento de Orientación do IES de Melide.

O GLOSARIO DIXITAL DO CICLO DE MADEIRA CON LINGUA DE SIGNOS

  O Ciclo de Carpintería e Moble do IES de MELIDE na prensa:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/melide/2021/02/28/span-langgl-ciclo-madeira-do-ies-melide-crea-glosario-dixital-linguaxe-signosspan/0003_202102S28C8994.htm

  O catálogo de 200 termos do mundo da carpintería en galego, castelán e na lingua de signos, ven de ser reseñado na prensa, poñendo de relevancia a importancia desta iniciativa pioneira no mundo educativo e profesional, de grande utilidade e proxección. Podédela atopar na seguinte dirección web: iesmelide-madera.com.

24 DE FEBREIRO DE 2021. DÍA DE ROSALÍA

Máis vídeos sobre a celebración do Día de Rosalía, o 24 de febreiro. Nin as máscaras puideron impedir que lle rendésemos homenaxe, un ano máis, á Nai da nosa lingua.

 

24 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA

 Hoxe celebramos, como non podía ser doutro xeito, o Día de Rosalía de Castro no IES de Melide, celebramos a Poeta do XIX que escribiu na nosa lingua, que cantou as penurias da emigración, a soidade das viúvas, que lle puxo verbas á nosa morriña, que debuxou o paraíso de Galiza con versos, despedindo ríos e fontes, que deu voz ás mulleres silenciadas... a Poeta que celebramos dende hai anos nos centros de ensino. 

 Aínda que hoxe as mascariñas non desvelen os nosos sorrisos, non serán unha negra sombra que nos asombre este día... ahí queda unha fermosa mostra das cousas fermosas que pode facer xente fermosa cos fermosos versos que escribiu Rosalía de Castro. Feliz día!!!

Máis vídeos  

RECREOS INCLUSIVOS

  Os recreos do IES de Melide son un punto de encontro para favorecer as relacións interpersoais, o desenvolvemento socio-cultural a través do xogo tradicional e a inclusión de todo o alumnado de 1º de ESO, participando nas diversas actividades propostas para os xoves deste trimestre. Con esta iniciativa, procuramos unha mellor integración e desenvolvemento persoal do noso alumnado. Así celebramos o día do peón, coincidindo coa celebración do Día da Paz, e seguiremos co xogo da comba, o brilé, a mariola ou o pano, mellorando a convivencia diaria e desenvolvendo as nosas habilidades lúdicas.

Nos recreos inclusivos xogamos todos e todas, e aprendemos outras maneiras de diversión, recuperando a tradición e compartindo os momentos de lecer.

PREMIADOS NO FESTIVAL VIRTUAL DE ENTROIDO 2021

 Os premiados no concurso festival virtual do IES de Melide 2021 son:

Categoría Clase:

  • 1º premio: 2º ESO B
  • Accésit:     2º ESO D

Categoría comparsa: deserta.

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2021/22

Aberto o prazo para a solicitude de reserva de prazas nos centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2021/22, para alumnado que cambie de etapa educativa.

O PRAZO DENDE O 11 DE XANEIRO ATA O 8 DE FEBREIRO, ÁMBOLOS DOUS INLUÍDOS.

Máis información  

PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR

Convócanse as Probas de Acceso a CF de Grao Medio e Grao Superior.

MÁIS INFORMACIÓN   

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido