MATRÍCULA CUALE-INGLÉS 2020-21

Ábrese o prazo de matrícula para cursar os niveis A1 - A2 - B1 e B2 do programa CUALE-Inglés.

PRAZO: do 8 ao 15 do mes de setembro, ámbolos dous incluidos.

INSTRUCCIÓNS:

1. Descarga o arquivo PDF  "CUALE - Solicitude matrícula" que atoparás adxunto debaixo deste aviso.

2. O arquivo é AUTOEDITABLE: enche a información requerida e garda os cambios premendo en ARCHIVO > GUARDAR. Pedirache unha carpeta donde gardalo.

3. Envía un correo electrónico a melideinenglish@gmail.com  adxuntando o arquivo PDF cuberto e escribindo no asunto: MATRÍCULA CUALE ...... (o nivel no que te matriculas).

  • Se precisas revisar a información sobre o CUALE, podes facelo aquí.
  • Rematado o prazo de matrícula, publicarase a listaxe de admitidos, o horario de cada grupo e as datas de comezo das clases.

ESTUDOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL

Publicada a 1ª adxudicación extraordinaria aos ciclos formativos de FP. Pódese consultar a información aquí. 

Tamén se pode consultar información sobre os Ciclos Formativos e os módulos de FP con prazas dispoñible e sen listaxe de espera neste enlace. 

Recordade que o prazo de presentación de solicitudes no período extraordinario abrangue dende o día 1 ás 9.00 ao 9 de setembro ás 13.00 horas. 

Para calquera dúbida podedes poñervos en contacto co Departamento de Orientación e/ou solicitar cita previa.  

Premios Extraordinarios da ESO 19/20

Destinatarios: alumnado que finalizase os estudos da ESO no curso 19-20 (convocatoria ordinaria de Xuño) e obtivese unha nota media igual ou superior a 9 puntos. 

Prazo presentación solicitudes:  27 de xullo - 21 de agosto de 2020

Enlace á convocatoria e ao extracto. 

Premios Extraordinarios de Bacharelato 19/20

Destinatarios: alumnado que finalizase estudos de bacharelato no curso 19-20 e obtivese unha nota media igual ou superior a 8,75. 

Prazo presentación solicitudes: 23 xullo – 24 agosto 2020.

Enlace á convocatoria e ao extracto

RECOLLIDA VALES FONDO DE LIBROS

Pódese pasar pola administración do centro a recoller os vales do fondo de libros do curso 2020/21 en horario de 9h a 14h

ACTO RECOÑECEMENTO MELLORES EXPEDIENTES

Dende o Programa “A Ponte entre o Ensino Medio e a USC”  organízase un curso máis o Acto de recoñecemento ao mellor alumnado de Centros de Ensino Medio de Galicia. Neste curso, e dadas as circunstancias actuais, asistirán presencialmente os 20 mellores estudantes acompañados polos seus familiares máis cercanos. 

Para o resto de “mellores expedientes”,  envióuselles unha mensaxe pedíndolles unha fotografía, para así poder nomealos no acto ao mesmo tempo que se proxecta a súa imaxe.

A dirección da canle de youtube da USC, na que se pdoerá ver a ligazón para conectarse ao acto a partir da 16:30h. dese día 23 de xullo, é a seguinte:

 https://www.youtube.com/user/UniversidadeUSC

Tamén podes conectar a través do Enlace para  Directos  do canle YouTube da USC  (só para Navegador) :

 https://www.youtube.com/user/UniversidadeUSC/live

Revisión das cualificacións da ABAU + Subir nota + Acceso á Universidade en Galicia

Compartimos un pequeno resumo sobre os procedementos de revisión de cualificación  e de subir nota nas ABAU. 

Asemade, podedes ver aquí un vídeo explicativo sobre o acceso á Universidade en Galicia. 

PUBLICADOS CRITERIOS AVALIACIÓN ABAU

Podedes consultar os exames e os criterios de avaliación das probas ABAU 2020 na seguinte ligazón:

EXAMES E CRITERIOS AVALIACIÓN    

ORIENTACIÓN VIRTUAL NA USC E UDC

Achegamos os enlaces ás Xornada Virtuais de Orientación da USC e ás Xornadas de Portas Abertas Virtuais da UDC que se celebran o 14 e o 15 de xullo de 2020. 

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido