Novas

Noticieiro do centro

FELICITACIÓN

O claustro de profesores do IES Manuel García Barros deséxalles  Bo Nadal e Feliz Aninovo

NOVA ESTRUCTURA DE TITULACIÓNS UNIVERSITARIAS

Descarga o documento elaborado polo departamento de Orientación sobre a adaptación das novas titulacións ao novo espazo de Educación Superior (EEES) ou consulta esta sección da web da USC.

SEMANA INTERNACIONAL DO COMERCIO XUSTO

Con tal motivo vaise celebrar no MGB, dende o luns ata o xoves, unha exposición e venda de produtos procedentes do comercio xusto, como chocolates, azucre, galletas, café, etc, atendida por alumnos de 4º da ESO. Para o mércores hai prevista unha conferencia impartida polo cooperante Carlos Sánchez. E detrás das bambolinas, a nosa "emérita" Charo Bellot.

CONSTITÚESE O OBSERVATORIO DE CONVIVENCIA

O pasado martes 12 de decembro de 2007 quedou constituído o Observatorio de Convivencia do MGB.

Feira ("rastrillo") de Nadal

O vindeiro venres 21, farase unha feira a xeito de "rastrillo" co obxecto de recaudar fondos para o alumnado de 4º da ESO que organiza a excursión a Mallorca. Prégase a colaboración de todos, xa sexa aportando altruistamente calquera obxecto que non use ao "rastrillo" ou ben mercando os que outros compañeiros traian.

GRAZAS POR TRAER A VOSA FOTO

Dende o Seminario de Historia, as organizadoras da viaxe a Exipto, agradecemos a colaboración de todo o personal do centro que aportou unha foto. A partir do luns, poderedes comezar coas apostas... Grazas.

XUNTANZA NA USC

O mércores 28 de novembro do 2007, este centro participou na xuntanza dos centros de ensino medio e a Universidade de Santiago de Compostela (USC).

"Dos mil años por correo"

O Ministerio de Educación e Ciencia vén de comunicar a concesión ao noso centro dunha axuda económica de 7.000 euros para o desenvolvemento do proxecto de Agrupación de centros "Dos mil años por correo".

logo_dos_mil_por_correo.jpg

NA Estrada-525

Nace un novo blog no planeta do MGB, e xa imos polo sexto ...!
O club de lectores NA Estrada-525 ponse en marcha para compartir lecturas, películas...

XORNADAS SOBRE O PLAN TIC NOS CENTROS EDUCATIVOS

Mañán sábado 24 de novembro de 2007 terán lugar en Santiago de Compostela unas xornadas sobre o plan TIC nos centros educativos, ás que asistirán os dinamizadores TIC do MGB.

PREMIO Á INNOVACIÓN EDUCATIVA

ÁLVARO PÉREZ VILARIÑO, profesor de Latín deste centro, conseguiu un terceiro premio no concurso de Premios á innovación educativa, convocado pola Consellería de Educación, na modalidade A, que recolle "Experiencias educativas que supoñan innovacións metodolóxicas e didácticas sobre calquera área", co traballo "A web 2.0 na didáctica das clásicas".

II ENCONTRO DE DIRECTIVOS

A dirección do MGB vén de participar, o pasado mércores 14 de novembro, nos II ENCONTROS DE DIRECTIVOS DE IES DE GALICIA, celebrados no MUPEGA (Museo Pedagóxico de Galicia), e organizados por A.D.D.I.G.A (Asociación de directores e directivos de IES de Galicia)

COMO CHEGAR A CASA LAGOEIRO

Aquí tedes un plano para chegar á casa Lagoeiro. Para poder velo mellor preme nel.

 

DISCURSO DE INAUGURACION 2007/08

O MGB publica na súa web o discurso de inauguración do curso 2007/2008 pronunciado por D. Olimpio Arca Caldas o día 19/09/2007, acompañado das fotografías de Marcos Míguez.

COMIDA DA XUBILACIÓN DE DAVID

O vindeiro venres 16 de Novembro celebrarase unha comida con motivo da xubilación de David, no restaurante "Casa Lagoeiro" da Estrada. Se queres participar apúntate en Vicedirección antes do 5 de Novembro.

Distribuir contido