PREMIO Á INNOVACIÓN EDUCATIVA
Enviado por Vicedirec. o 16 Novembro, 2007 - 11:25
ÁLVARO PÉREZ VILARIÑO, profesor de Latín deste centro, conseguiu un terceiro premio no concurso de Premios á innovación educativa, convocado pola Consellería de Educación, na modalidade A, que recolle "Experiencias educativas que supoñan innovacións metodolóxicas e didácticas sobre calquera área", co traballo "A web 2.0 na didáctica das clásicas".