Novas
Reunión informativa da excursión á neve
Enviado por webmaster o 19 Novembro, 2008 - 13:34Atletismo-Campo a través
Enviado por Vicedirec. o 12 Novembro, 2008 - 16:35O vindeiro martes 18 de novembro os alumnos de 1º e 2º ESO participarán na actividade de Atletismo-Campo a través organizada pola Conselleria de Cultura e Deporte. Sairán ás 9:35 horas e regresarán ao centro ás 14:00.
Felicitacións para @s deportistas do MGB
Enviado por Anónimo o 8 Novembro, 2008 - 11:00Iniciado o novo curso 08/09 @s deportistas do noso IES seguen demostrando a sú valía, acadando moi bos resultados nas súas correspondentes disciplinas deportivas. Desde o departamento de EF do MGB queremos felicital@s e darlles todo o noso ánimo, cunha mención especial para os seguintes:
-
Ana Reino (2º ESO), Nerea Gestoso (2º ESO), Pablo Sanmartín (1º ESO) e Diego Otero (4º ESO), polos resultados acadados nas primeiras probas do Circuito Nacional de Bádminton.
-
Miguel Carbajal (Profesor) polos resultados nas probas nacionais de Raid Hípico.
-
Lara Porto (2º ESO), polos resultados acadados na Reunión Internacional de Taekwondo de Pontevedra.
Non queremos esquecernos tampouco de tod@s aqueles que participan nas distintas competicións de fútbol, baloncesto, atletismo... Disfrutade do voso deporte e moito ánimo para tod@s.
Alumnas do MGB campionas de España de Bádminton
Enviado por Vicedirec. o 7 Novembro, 2008 - 10:22As alumnas do MGB Nerea Gestoso e Ana Reino, de 2º de ESO, acadaron a medalla de ouro nos campionatos de España de Bádminton na categoría sub15.
Noraboa e esperamos máis victorias!
Magosto 08
Enviado por Vicedirec. o 5 Novembro, 2008 - 13:17O vindeiro venres 7 de novembro realizaráse o Magosto no centro. Os alumnos/as deberán traer castañas, xa picadas, e deixalas na conxerxería. Comezará ás 12:25 coa asada das castañas e haberá xogos populares no patio. Tamén a partires da 13:00 horas os que queiran poderán acudir a Biblioteca para escoitar relatos de terror.
Dormes? Nova representación na Estrada.
Enviado por webmaster o 4 Novembro, 2008 - 12:19Unha nova representación de Dormes? terá lugar no teatro Principal da Estrada o vindeiro 21 de novembro ás 21:30 horas.
Esta obra, dirixida por Miguel Carbajal e interpretada por alumnos do MGB no marco do taller de expresión artística do centro, acadou un gran éxito na súa anterior representación do mes de xuño.
Invitamos a toda a comunidade educativa a participar nesta gran montaxe. Esperámoste o venres día 21 no teatro Principal!
Visita a súa web e galería de imaxes.
Eleccións Consello Escolar
Enviado por Secret. o 3 Novembro, 2008 - 09:46Anuncio da elección por sorteo dos compoñentes da xunta electoral que regulará o proceso de renovación parcial do Consello Escolar. Para ver tódolos detalles, premer aquí.
Día 31 de Outubro non lectivo
Enviado por Vicedirec. o 28 Outubro, 2008 - 12:41O venres 31 de outubro é non lectivo, xa que é o festivo local para este centro
Conferencia CAIXANOVA
Enviado por Vicedirec. o 28 Outubro, 2008 - 09:16O mércores 29 de outubro os alumnos de Economía de 1º Bacharelato asistirán a unha conferencia sobre o xogo "Play novos emprendedores" impartida por Gonzalo de Caixanova. Comenzará ás 9:30 e rematará unha hora despois.
Plan Lector
Enviado por Vicedirec. o 28 Outubro, 2008 - 09:09Hoxe martes 28 de outubro empeza a funcionar no centro o Plan Lector destinado aos alumnos/as de 1º e 2º ESO. Neste plan os alumnos/as terán unha hora o día de dedicación a lectura na aula según un horario establecido e que poden consultar nos taboeiros das suas aulas.
Teatro en Santiago " Don Juan Tenorio"
Enviado por Vicedirec. o 24 Outubro, 2008 - 09:02O vindeiro xoves 30 de outubro os alumnos/as de 4º ESO asistirán a obra de teatro "Don Juan Tenorio" no Teatro Principal de Santiago. Sairán ás 10:30 horas e voltarán ás 14:25 horas.
Graffiti
Enviado por Vicedirec. o 17 Outubro, 2008 - 12:00O vindeiro martes 21 de Outubro, 25 alumnos de 1º ESO participrán na actividade Graffiti no IES Nº 1 acompañados cos profesores de plástica. Sairán as 10: 30 horas e actividade durará 50 minutos aproximadamente.
Proxecto Ríos
Enviado por Vicedirec. o 13 Outubro, 2008 - 13:11O vindeiro xoves 16 de Outubro os alumnos de 4º ESO irán ao río Liñares para facer unha mostraxe dentro do "Proxecto ríos". Sairán ás 10:30 e voltarán as 13:45 horas
Circular nº 2
Enviado por Secret. o 13 Outubro, 2008 - 08:26Convócase unha reunión dos pais e nais do alumnado do centro cos titores e o equipo directivo. Premer aquí para acceder a circular.
Premios extraordinarios da ESO
Enviado por Vicedirec. o 7 Outubro, 2008 - 08:54O alumno Alejandro Cabal Tato participará maña, 8 de Outubro, nas probas dos Premios extraordinarios da ESO. Ditas probas realizaránse no IES Sanchéz Cantón en Pontevedra dende ás 9:30 horas ata ás 14:00 horas.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 52
- 53
- 54
- 55
- 56
- 57
- 58
- 59
- 60
- seguinte ›
- última »