Extraescolares
Saída cultural ao concello de Lobios
Enviado por Vicedirec. o 12 Novembro, 2012 - 10:09
Dentro do programa de actividades extra escolares para o curso 2012-2013, terá lugar o vindeiro martes, 13 de novembro, unha saída organizada polo departamento de latín co seguinte programa: Portela do Home, visita aos miliarios romanos e ruta pola Vía Nova (5 km); Corga da Fecha, visita a pousada romana de Aquis Originis, campamento romano de Aquis Querquennis, visita e baño nas termas. Asistirán alumnos/as de latín dos cursos de 4º eso, 1º de bach e 2º de bach. O regreso está previsto para as 20:30 h.
Proxecto Ríos.
Enviado por Vicedirec. o 25 Outubro, 2012 - 10:55A actividade do "Proxecto Ríos", organizada pola profesora Loly Castro, que foi aprazada o pasado mércores, 24 de outubro, desenvolverase o vindeiro martes, 30 de outubro.
Suspendida a saída cultural ao Principado de Asturias.
Enviado por Vicedirec. o 23 Outubro, 2012 - 15:34Por razóns de climatoloxía, agárdase un empeoramento do tempo a partir do vindeiro venres, queda suspendida, lamentablemente, a saída cultural a Asturias (Picos de Europa, covas de Tito Bustillo e Fuente De) que estaba prevista desenvolver entre o xoves 25 e o domingo 28 deste mes de outubro.
Saída Picos de Europa e Covas de Tito Bustillo (Centro de Arte rupestre)
Enviado por Secret. o 19 Outubro, 2012 - 11:06Dende o xoves 25 de outubro e ata o domingo 28, un gupo de alumn@s de 2º de Bacharelato de Xeoloxía, Bioloxía, Ciencias da Terra e Xeografía farán unha excursión cultural acompañad@s por dúas profesoras.
Proxecto Ríos.
Enviado por Vicedirec. o 16 Outubro, 2012 - 18:29O vindeiro mércores, día 24 de outubro, terá lugar a 1ª saída enmarcada dentro do Plan Proxecta da Xunta de Galicia, Proxecto Ríos. Os alumnos/as da materia de Bioloxía de 3º ESO A e de 3º PDC acudirán ao río Liñares, nas proximidades de Lagartóns, onde realizarán un estudo de distintos parámetros para coñecer o estado das augas e do bosque de ribeira. A actividade está organizada e dirixida pola profesora Loli Castro.
Estivemos nas V Xornadas de clubs de Lectura
Enviado por BiblioMGB o 10 Xuño, 2012 - 21:01O sábado 9 de xuño celebráronse en Santiago as V Xornadas de Clubs de Lectura organizadas pola Asesoría de Bibliotecas Escolares. Por vez primeira convocouse aos membros dos clubes (alumnos e pais) e non só os coordinadores. E alí fumos os veteranos de club...
Os membros do club NA Estrada-525 escolleron a unha compañeira, Fanny, para que participase na mesa redonda na que dous alumnos, dúas nais e dous profesores coordinadores comentaron a súa experiencia nun club diante de máis de 400 persoas. Todo o público disfrutou e aprendeu coas súas intervencións. En canto sexa posible, colgaremos o enlace para que poidades ver esta mesa redonda.
Visita Campo Lameiro
Enviado por Secret. o 1 Xuño, 2012 - 11:16O vindeiro martes día 5 de xuño os alumn@s de 1º de ESO realizarán unha visita ao Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro.
Vídeos acto de despedida. Alocucións d@s alumn@s.
Enviado por admin o 28 Maio, 2012 - 12:58Xa están subidos ao noso canal en YouTube, todos os vídeos do acto de Despedida 2012. Deixamos aquí como mostra as Alocucións dos alumnos e alumnas de 2º de BAC (Sandra, África, Ricardo e David).
Pero, que fixeron os profesores por nós?
Enviado por admin o 24 Maio, 2012 - 11:08Primeira parte do vídeo de Despedida 2012, onde Diego Gómez e Gonzalo Louzao falan do seu paso polo MGB.
Están subidos xa ao noso canal de YouTube as outras partes do vídeo, repartidas por clases: 2ºA, 2ºB, 2ºC.
Programa do Acto de despedida de 2º de bacharelato
Enviado por Vicedirec. o 23 Maio, 2012 - 11:22Hoxe mércores, ás 19:00 horas, terá lugar no Teatro Principal da Estrada o acto de despedida dos alumn@s de 2º de bacharelato curso 2011-2012 presentado por Vicente Mato e Andrea Fernández (1º BAC). O programa será o seguinte:
- "Brigde Over Trouble Waters", interpretada polos alumnos e alumnas de 3º de ESO B, con Elisa Barcala ao piano.
- Discurso de dona Gisèle Maïssa, directora do MGB
- Vals Inglés con Tango, interpretado por Alba Martínez de 2º de ESO e Luis Manuel García, de 1º de BAC.
- Alocución dos alumnos e alumnas de 2º de BAC (Sandra, África, Ricardo e David)
- "Chachachá", novo balile de Alba e Luis Manuel
- Entrega de diplomas aos alumn@s de 2º de Bacharelato
- "Nubes del cielo", música e baile a cargo d@s alumn@s de 2º de Bacharelato e alumnos e alumnas de 3º ESO A, dirixidos e acompañados polo profesor Suso Iglesias.
- Segunda Entrega de diplomas aos alumn@s de 2º de Bacharelato.
- "Somewhere over the Rainbow", interpretada pol@s alumn@s de 2º de ESO e 2º de Bacharelato, e dirixid@s pola profesora María Varela.
- Proxección do trailer de "Pedigree".
- Proxección do vídeo de despedida 2012
Xornada Anual de Esculturas de Area
Enviado por Vicedirec. o 16 Maio, 2012 - 10:05O vindeiro xoves día 24 alumn@s da materia de Plástica de 3º , 4º ESO e 1º ,2º de bacharelato asistirán a unha Xornada Anual de ESCULTURAS DE AREA que se celebrará na praia da Lanzada, O Grove. Os nosos alumnos estarán acompañados polos alumnos franceses que están de intercambio esta semana. A actividade está organizada polo IES Monte da Vila do Grove. O obxectivo é realizar unha actividade creativa só utilizando materiais ecolóxicos respectando a natureza e fomentar o trabalo en equipo.
Visita alumn@s franceses
Enviado por Vicedirec. o 16 Maio, 2012 - 09:12A vindeira semana dende o día 21 ata o venres 24 contamos coa presenza dun grupo de vinte e seis alumnos franceses e catro profesores que nos devolven a visita que un grupo de alumnos do centro fixeron as súas casas no pasdo mes de marzo, compartiremos algunhas actividades con eles como a Xornade Anual De Esculturas de Area no Grove e visitarán Santiago, Coruña....Benvidos
Visita a Sotavento e a Fundación Barrié
Enviado por Vicedirec. o 15 Maio, 2012 - 11:24O alumnado de 2º ESO realizará mañá, día 16, unha visita ao Parque Eólico Experimental Sotavento (Xermeade, Lugo) e pola tarde visitarán a Fundación Barrié (con sede na Coruña) onde asistirán á charla "Supercomputación, ¿ top secret" impartida por don Guillermo López Taboada, profesor e investigador do Grupo de Arquitectura de Computadores (GAC) da Facultade de Informática da Universidade da Coruña.
Correlingua
Enviado por Vicedirec. o 10 Maio, 2012 - 08:22O vindeiro luns 14 de maio o alumnado de 1º ESO acudirán ao CORRELINGUA en Silleda, actividade organizada polo Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística.
Proxecto Terra
Enviado por Vicedirec. o 7 Maio, 2012 - 17:29Os próximos días 11 e 12, venres e sábado, o alumnado de 3º e 4º ESO da materia de Tecnoloxía realizarán unha visita a Allariz dentro do Proxecto Terra ( organizado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia). Actividade organizada polo departamento de Tecnoloxía.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- …
- seguinte ›
- última »