Extraescolares
Proxecto Ríos
Enviado por Vicedirec. o 12 Maio, 2011 - 08:27O luns 23 de maio alumn@s da materia de Bioloxía de 4º ESO A , 4º C e 4º PDC realizarán unha saída ao río Liñares, enmarcada dentro do Proxecto Ríos.
Viaxe a París
Enviado por Vicedirec. o 11 Maio, 2011 - 10:34Do día 20 ao 25 de maio un total de 17 alumn@s de 3º ESO A e 3º ESO C da materia de Francés realizarán unha viaxe de estudos a París. Bon voyage .
Correlingua
Enviado por Vicedirec. o 2 Maio, 2011 - 08:18O vindeiro venres, 6 de maio, alumnado de 1º ESO e 3º A ESO participará no correlingua que se celebra na nosa vila. A actividade consiste nunha marcha en apoio da nosa lingua polas rúas da Estrada contando con diferenrtes espectáculos. Actividade que abrangue todos os centros educativos da zona.
Proxectoterrra
Enviado por Vicedirec. o 2 Maio, 2011 - 08:11Os días 6 e 7 de maio, venres e sábado, alumnado de 4º ESO realizará o Proxectoterra: visita a Ferrol (barrio da Magdalena, aula de Ecoloxía Urbana, parque de Aquaciencia...), Mugardos (castelo de San Felipe...) e Fragas do Eume (ruta de sendeirismo por este espazo natural protexido).
Roteiro "A praia dos Afogados"
Enviado por admin o 25 Abril, 2011 - 09:40Xa están subidas á nosa galería en Flickr as fotos do Roteiro da Praia dos afogados. As imaxes son de Miguel Bugallo.
''Entre as pedras de Compostela''
Enviado por Vicedirec. o 11 Abril, 2011 - 11:19O vindeiro 29 de abril venres, en horario de 8:45 horas a 14:25, os alumn@s de 2º ESO A e 2º ESO B asistirán á actividade ''Entre as pedras de Compostela'' visita e xogo de orientación pola Cidade Histórica de Santiago.
Viaxe a Amsterdam
Enviado por Vicedirec. o 31 Marzo, 2011 - 08:17Dende o día 11 ata o 16 de abril un grupo numeroso de alumn@s de 4º ESO realizarán unha viaxe de estudos a Amsterdam
Roteiro praia dos afogados
Enviado por Vicedirec. o 31 Marzo, 2011 - 08:06O vindeiro xoves 7 de abril alumn@s de 1º de Bach e integrantes do Club de lectura NA Estrada 525 realizarán o roteiro praia dos afogados en Vigo ( un percorrido polos escenarios onde DOMINGO VILLAR localiza a súa novela A praia dos afogados).
Fotos da semana branca
Enviado por admin o 30 Marzo, 2011 - 18:32Xa están subidas á nosa galería en Flickr as fotos da viaxe realizada polos alumnos de 1º de ESO á estación de esquí de Valgrande-Pajares.
*Fotografía: Magaly Barreiro
Festival "París la Nuit"
Enviado por admin o 16 Marzo, 2011 - 13:03Este venres 18 de marzo, ás 20:30 horas, no Teatro Principal da Estrada, celebrarase o festival "Paris La Nuit", con motivo da excursión a París dos alumnos de 3º de ESO, organizada polo Departamento de Francés. O programa de actuación será o seguinte:
1.-As mozas do Ximnasio Absolute, que bailarán funky.
2.-A profesora Marisa Otero e o alumno de 3º ESO, Manuel García, interpretarán Smile de Charles Chaplin.
3.-As alumnas de 3º e 4º ESO : Laura Vidal, Alexia Dominguez, Jessica Valladares, Andrea González e Alba Rodríguez,bailarán un remix de funky e hip hop.
4.-O grupo de rock The Weak Force.
5.-Monólogo de Lara Pantoja.
6.-O grupo Vacalouras
7.-A cantante e pianista Paty Miller.
8.-O grupo Templanza
Ademais terá lugar o sorteo da cesta de Entroido e de distintos agasallos cedidos por tendas da Estrada. Non podes faltar!
Obradoiro no Teatro Principal
Enviado por Vicedirec. o 3 Marzo, 2011 - 12:21O próximo xoves, día 10, de 11 a 13 h. desenvolverase un obradoiro :"Non só doen os golpes" organizado polo CIM(Centro de Información da Muller) participarán alumnado de 3º e 4º ESO dos tres centros educativos, actividade organizada en colaboración cos Departamentos de Orientación e o Concello da Estrada.
Semana branca cos alumnos de 1º de ESO
Enviado por Vicedirec. o 2 Marzo, 2011 - 11:21Do día 13 ao 18 de marzo, de domingo a venres, un grupo de alumn@s de 1º ESO participarán na Semana branca (actividade organizada pola Deputación de Pontevedra) na estación de Valgrande-Pajares.
Teatro Greco-Latino
Enviado por Vicedirec. o 2 Marzo, 2011 - 11:10O próximo 14 de abril alumn@s da matería de Latín e Literatura Universal asistirán á representación das obras Edipo Rei (Sóflocles, traxedia grega) e Cistellaria (Plauto, comedia latina) no Festival de Teatro Greco-Latino de Lugo (Auditorio "Gustavo Freire").
Sorteo de cesta de Carnaval
Enviado por admin o 2 Marzo, 2011 - 08:31Con motivo da excursión dos alumnos de Francés de 3º da E.S.O., o día 18 de marzo ás 21:00h., durante o Festival da viaxe a París no Teatro Principal da Estrada, vaise celebrar o sorteo dunha cesta de carnaval valorada en 150€. Pica en ler mais para ver a relación de produtos.
Festival Amsterdam
Enviado por Vicedirec. o 15 Febreiro, 2011 - 18:32O vindeiro venres 18, ás 20.00h., celebrarase un festival no Teatro Principal organizado polos alumn@s de 4º ESO co obxectivo de recadar fondos para unha viaxe cultural a Amsterdam. Grazas por adiantado pola vosa asistencia.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- …
- seguinte ›
- última »