Extraescolares
SAÍDA CULTURAL A SANTIAGO DE COMPOSTELA.
Enviado por Vicedirec. o 12 Febreiro, 2014 - 12:51Os alumnos/as de 2º de bacharelato realizarán unha visita á cidade do Apóstolo o vindeiro martes, 18 de febreiro, visitando “Meteogalicia”, a catedral de Santiago (tellados e escavacións) e o Museo das Peregrinacións. A saída rematará cun percorrido petrolóxico polo casco histórico da cidade. A actividade, organizada polos departamentos de xeografía e historia e bioloxía, desenvolverase nun horario aproximado de 08:45 a 19:00 horas e será levada a cabo polas profesoras, Magaly Barreiro, Beatriz Mera e Esther Sánchez.
CAMPO A TRAVÉS
Enviado por Secret. o 4 Febreiro, 2014 - 10:08O pasado xoves 27 alumnos/as do MGB de 1º, 2º e 3º de ESO participaron na fase comarcal de Campo a Través, dentro do programa de deporte escolar. Os nosos alumn@s acadaron uns bos resultados, rematando todos as súas probas e ocupando, algúns deles, as primeiras posicións nas distintas categorías. Podemos destacar o 1º, 2º e 3º posto de Sandra Constenla, Jennifer Servide e Adela Díaz na categoría cadete feminina; o 3º posto de Luis Brea na cadete masculina; o 1º posto de Clara Rivadulla en infantil feminino; e o 2º e 4º postos de Alejandro Gulias e Hugo Escudero en infantil masculino. Parabéns a todos polos vosos resultados.
DEPORTE ESCOLAR. CAMPO A TRAVÉS
Enviado por Vicedirec. o 24 Xaneiro, 2014 - 10:35O vindeiro xoves, 30 de xaneiro, un grupo de 30 alumnos e alumnas de 1º, 2º e 3º da ESO do MGB participarán na fase zonal do campionato escolar de campo a través que se levará a cabo na localidade de Portas. Moito ánimo a todos e a pasalo ben con esta actividade. Manterémosvos informados sobre os resultados que acaden os nosos.
XXV ANIVERSARIO DO PREMIO DE NOVELA MANUEL GARCÍA BARROS.
Enviado por Vicedirec. o 11 Novembro, 2013 - 12:06O vindeiro sábado, 16 de novembro, o alumnado do MGB de 2º bacharelato correspondente á materia de Literatura Galega do século XX e da actualidade viaxará invitado pola organización do acto á Cidade da Cultura por mor dunha actividade de xuntanza dos/das gañadores/as do Premio de Novela García Barros ao longo dos seus vintecinco anos de existencia.
SAÍDA CULTURAL PROXECTO RÍOS.
Enviado por Vicedirec. o 17 Outubro, 2013 - 12:24O vindeiro mércores, día 23 de outubro, terá lugar a 1ª saída enmarcada dentro do Proxecto Ríos. Os alumnos/as da materia de Bioloxía de 3º ESO B acudirán ao río Liñares, nas proximidades de Lagartóns ( A Estrada), onde realizarán un estudo de distintos parámetros para coñecer o estado das augas e do bosque de ribeira. A actividade está organizada e dirixida pola profesora Loli Castro. A actividade desenvolverase en horario matinal, de 10:25 a 13:35 horas.
No caso de mal tempo a saída tería lugar o vindeiro mércores, 30 de outubro.
SAÍDA CULTURAL AOS CANÓNS DO SIL.
Enviado por Vicedirec. o 9 Outubro, 2013 - 12:33Dentro da programación de actividades extraescolares para o curso 2013-2014 aprobadas no consello Escolar, alumnos/as do IES desprazaranse á Ribeira Sacra e ós Canóns do Sil onde realizarán un percorrido en “catamarán” e visitarán os Embalses, o mosteiro de San Estevo e o de San Pedro de Rocas. A actividade vai destinada ao alumnado de 2º Bacharelato (Xeoloxía, Xeografía e Arte), e terá lugar o vindeiro luns, 14 de outubro en horario de 08:45 a 20:00 horas. A organización da visita corresponde aos departamentos de “Bioloxía e Xeoloxía” e “Xeografía e Historia”. O alumnado estará acompañado polas profesoras: Beatriz Mera, Esther Sánchez e Magaly Barreiro.
ALUMNOS/AS DO IES GARCÍA BARROS NA FEIRA DO MOBLE.
Enviado por Vicedirec. o 13 Septembro, 2013 - 12:28O vindeiro venres, 20 de setembro, alumnado das materias, “obradoiro de iniciativas emprendedoras” (3º ESO) e economía (1º e 2º de Bacharelato) realizarán unha visita a “feira do moble” en A Estrada dentro das xornadas de “cooperativismo e empresa”. Os alumnos/as asistirán a unhas charlas informativas e farán un percorrido pola exposición “Descobre as cooperativas”. Estarán acompañados por profesorado do centro.
Videos do acto de despedida
Enviado por admin o 6 Xuño, 2013 - 09:35Xa están subidos nesta lista de reprodución da nosa canle de Youtube os 10 vídeos gravados no acto de Despedida 2013. Entre eles están o discurso de Carlos Loureiro, o discurso do alumnado de 2º e a primeira e segunda actuacións dos alumnos de música de 1º de BAC.
Álbum de fotos "Despedida 2013"
Enviado por admin o 4 Xuño, 2013 - 17:22Xa están subidas á nosa galería en Flickr as imaxes da Despedida 2013, unhas fermosas fotografías tomadas e retocadas pola profesora Magaly Barreiro.
Homenaxe a Carme Montero
Enviado por admin o 31 Maio, 2013 - 12:46Un dos momentos máis emotivos da homenaxe á nosa compañeira Carme Montero foi a actuación musical protagonizada polos alumnos de 3º e 4º da ESO e dirixidos pola profesora María Varela. Para os que non puideron estar alí deixamos aquí uns versos e o vídeo da canción interpretada.
(...) De alguna manera tendré que olvidarte, por mucho que quiera no es fácil, ya sabes, me faltan las fuerzas, ha sido muy tarde y nada más, y nada más, apenas nada más (...) |
Despedida 2012/13
Enviado por admin o 30 Maio, 2013 - 09:56Xa están dispoñibles na nosa canle de YouTube os vídeos proxectados no acto de despedida. Ademais da cabeceira creada pola profesora Marisa Otero, á que puxeron voz moitos profesores do centro, están os vídeos das clases de 2A, 2B, 2C, e o Harlem Shake final, filmados e editados polos alumnos de TICs de 1BAC. Que os disfrutedes!
* Se alguén quere o vídeo completo en formato orixinal HD, que pase por Informática 1 en horario de clase de TICs cun lapis de memoria con máis de 1GB libre.
Proxecto Ríos. Segunda saída.
Enviado por admin o 15 Maio, 2013 - 15:41O vindeiro mércores, día 22 de maio, terá lugar a 2ª saída enmarcada dentro do Plan Proxecta da Xunta de Galicia, Proxecto Ríos. Os alumnos/as da materia de Bioloxía de 3º ESO C acudirán ao río Liñares, nas proximidades de Lagartóns, onde realizarán un estudo de distintos parámetros para coñecer o estado das augas e do bosque de ribeira. A actividade está organizada e dirixida pola profesora Loli Castro.
SAÍDA A SANTIAGO DE COMPOSTELA.
Enviado por Vicedirec. o 15 Maio, 2013 - 10:53Os alumnos/as da materia de Relixión de 1º ESO viaxarán o vindeiro martes, 21 de maio a Santiago de Compostela, onde realizarán unha visita guiada ó Museo das Peregrinacións e un percorrido polo casco histórico da cidade. A actividade está organizada polo departamento de Relixión.
ASISTENCIA Á OBRA DE VIDAL BOLAÑO DÍAS SEN GLORIA
Enviado por Vicedirec. o 14 Maio, 2013 - 12:26Onte, luns o alumnado de 1º de bacharelato acudiu ao Teatro Principal da Estrada para asistir á obra de R. Vidal Bolaño Días sen gloria, representada polo Centro Dramático Galego, baixo a dirección de Fefa Noia e interpretada por Manuel Manquiña, Sergio Zearreta e Eva Souto. A actividade estivo organizada polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística coa colaboración do Departamento de Lingua Galega e Literatura e foi financiada polo Concello da Estrada.
CORRELINGUA
Enviado por Vicedirec. o 3 Maio, 2013 - 10:56Un ano máis, organizado polo Equipo de Normalización Lingüística, terá lugar o vindeiro mércores, 8 de maio, na localidade de Silleda, o CORRELINGUA, con actividades lúdicas en defensa do noso idioma. O noso centro estará representado polo alumnado de 1º da ESO. Máis información en http://www.correlingua.org/
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- …
- seguinte ›
- última »