Á Comunidade Escolar:
De acordo coa RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos. (DOG do 18/09), a Xunta Electoral deste Centro, en virtude das atribucións que lle son conferidas pola lexislación vixente, dispon a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar.
Datas a ter en conta para as eleccións:
- Presentación de Candidaturas: do 1/11/2024 ao 8/11/2024, ámbolos os dous inclusive, de
10:00h a 13:00h, na Secretaría do Centro.
- Proclamación de candidatos/as: 11/11/2024
- Reclamacións: 12 e 13 de novembro de 2024
- Proclamación definitiva de candidatos: 14/11/2024
- Votación de alumnado: 19/11/2024, durante a mañá polas aulas
- Votación de Pais/Nais: 19/11/2024, de 16:30h a 18:30h
- Votación do profesorado: 19/11/2024
- Proclamación dos candidatos electos: 20/11/2024
O número de persoas que se elixirán nas distintas mesas é o seguinte:
-Alumnado: 4 representantes.
-Pais/Nais: 1 representante.
-Profesorado: 5 representantes.
Pode presentar a súa candidatura calquera membro da comunidade escolar.
Tendo dereito a presentar a súa candidatura e a votar, tanto a nai como o pai ou se é o caso o titor/a legal do alumno/a.
A Xunta electoral resolverá as dúbidas e reclamacións que se presenten.
Á espera de contar cunha elevada participación nos distintos colectivos, aproveito a ocasión para saudalos.
Atentamente,
Padrón, 29 de outubro de 2024.
A DIRECTORA
Rita Castiñeiras Sueiro