Skip to Content

INICIO DO CURSO 24-25

As actividades lectivas comezarán o vindeiro 11 de setembro en horario habitual (08:45 a 14:25h).

O alumnado acudirá a primeira hora á súa aula de referencia, onde serán recibidos pola persoa titora que lles comunicará o horario, recordará as normas do centro e informará sobre outros temas do curso.

O alumnado de 1º da ESO será recibido polo equipo directivo e os seus titores no Salón de Graos.

A partir de 2ª hora o alumnado iniciará as clases co profesorado segundo o seu horario. O servizo de transporte para o alumnado tamén funcionará con normalidade.

O IES Macías o Namorado quere dar a benvida a toda a comunidade educativa a este novo curso 2024-2025.



page | by Dr. Radut