La Voz de Galicia publicou onte que o noso IES foi un dos poucos centros de Galicia que acadou unha nota media de máis de 7 puntos na parte xeral da ABAU, un indicador do nivel de preparación do noso alumnado, sendo o vixésimo de toda Galicia.
Nas comarcas dos arredores de Santiago, só 10 institutos acadaron esta cualificación, e o Macías foi o sexto mellor, cunha cualificación de 7,436 puntos, sendo ademáis o único da nosa comarca.
O Namorado é, ademáis, un dos centros que presenta unha menor diferencia entre a cualificación ABAU e a cualificación do Bacharelato (menos de 0,5 puntos) o que reflicte a coherencia das cualificacións do Bacharelato e a súa excelente preparación para esta proba. Nas ABAU tres alumnas do noso centro se situaron entre os mellores expedientes de toda Galicia.
Noraboa ao alumnado, as familias e ao profesorado polo seu traballo e esforzo, que nos colocan na elite da nosa contorna!!