Skip to Content

Complementarias

Complementarias

INICIACIÓN Á DANZA URBANA

A pasada semana os grupos de 3º e 4º da ESO tiveron unhas sesións/obradorios de Iniciación á Danza Urbana e Breakdance. As sesións foron dirixidas por unha monitora da Escola Inquedanza de Vilagarcía.

  

EXCELENTE RESULTADO NA FASE PROVINCIAL DO XOGADE

  

 O noso representante Iker Vázquez finalizou nun meritorio decimosegundo lugar na fase provincial de XOGADE.O seu esforzo levouno a competir coa elite desta proba de campo a través na última fase.

NORABOA IKER!

VISITA A CLESA

O pasado xoves 21 de marzo, o alumnado que cursa a materia de Proxecto Competencial de 1º e 2º ESO no IES Macías o Namorado visitou a fábrica de CLESA, localizada en Caldas de Reis (Pontevedra). 

CLESA é unha das marcas de produtos lácteos pertencentes á cooperativa CLUN, referente no sector agrogandeiro galego, que aposta pola sostibilidade e presenta un modelo de compromiso coa innovación e a calidade dos seus produtos.                                

Esta saída foi organizada polos departamentos de Bioloxía e Xeoloxía e de Educación Física, ambos os dous coordinadores do proxecto Nutriactívate co Macías!, co que neste curso 2023/2024 participamos no programa Nutriescolas (dentro do Plan Proxecta+).

       

No noso proxecto temos como obxectivo promocionar hábitos saudables no alumnado e resto da comunidade educativa, tanto desde o punto de vista da alimentación como da actividade física. Por este motivo, consideramos de gran interese a realización desta visita, pois os rapaces e rapazas que asistiron coñeceron de primeira man a fabricación de varios produtos lácteos e visitaron brevemente parte das instalacións. Tamén puideron probar algunhas das variedades de iogur (e incluso propoñer sabores novos!) e dar opinión sobre o novo logo e packaging dos produtos actuais.

 

INICIACIÓN Á ESCALADA

Onte mércores 20 de marzo, o alumnado do IES realizou unha actividade de bautismo de escalada no rocódromo Indoorwall de Santiago de Compostela. Alumnado e profesorado acompañante gozaron desta emocionante xornada deportiva.

        

 Despois desprazáronse ao Museo de Historia Natural onde coñeceron as importantes coleccións de animais, insectos... Esta actividade foi organizada polos departamentos de Educación Física e o Departamento de Bioloxía.

Clica nos adxuntos para ver máis imaxes destas actividades.

Encontro coa escritora Sonia Mirón.

O mércores, 6 de marzo, o alumnado de 3º da ESO tivo a oportunidade de coñecer á autora Sonia Mirón. Sonia amosouse cercana, accesible e moi contenta pola acollida que este centro lle brindou un ano máis, porque xa é a segunda visita ao Macías. Nesta ocasión disfrutou da lectura de Mi corazón en una caja de zapatos.

A autora falounos da súa experiencia como escritora, presentounos os seus libros e atendeu a todas as cuestións plantexadas polos nosos corazóns lectores; a continuación, firmou exemplares da súa última publicación No son mariposas, son elefantes. Un día inesquecible!

                    

Obradoiro sobre a búsqueda de emprego

Este martes 5 de marzo realizouse no Salon de Actos o obradoiro organizado polo departamento de FOL que levou por título: "1, 2, 3, contratado", e que amosou diferentes ferramentas ao alumando á hora de enfrontarse ao proceso de búsqueda de emprego.

Centrouse especialmente na elaboración do CV e en como afrontar unha entrevista de traballo, explicando os erros mais habituais, e que deben evitarse. O taller foi impartido por Isabel Rodriguez, que achegou tamén anécdotas e exemplos concretos a partires das súas vivencias como reclutadora de personal.

No taller o alumnado dos catro módulos de FOL que actualmente se imparten no IES, que ao final da sesión participou activamente expoñendo diferentes dúbidas e cuestións. 

    

OBRADOIRO DE PRIMEIROS AUXILIOS

O pasado venres 23 de febreiro tivo lugar no ximnasio do IES un taller sobre técnicas de primeiros auxilios, impartido polo GES (Grupo de Emerxencias Sanitarias) de Padrón.

  

As emerxencias santiarias forman parte do curriculo de FOL (Formación e Orientación Laboral), polo que participou o alumnado do centro que cursa este módulo. durante a sesión, recibiron formación sobre diferentes manobras que en caso de emerxencia poden salvar vidas, como é a reanimación cardio-pulmonar (RCP), a Posición Lateral de Seguridade (PLS), ou a manobra de Heimlich, a coñecida como compresión abdominal que é moi útil en caso de atragantamentos.

O alumando segiu as explicacións con grande interese e levou á practica estas manobras, polo que resultou unha xornada moi útil e instructiva.

TAEKWONDO NO MACÍAS

Dentro do Programa "Coñece o teu clube", onte día 28 achegáronse ás instalacións do noso IES dous membros do clube  Natural Sport de Ribeira.

O alumnado de 2º da ESO puido achegarse á formación básica desta arte marcial co privilexio de facelo con Irene Montemuíño e Alex Vidal que son Campiona de España Universitaria e Bronce Europeo sub-21 a primeira; e catro veces Campión de Europa, Campión mundial e deportista olímpico o segundo!!!

Moitas gracias aos dous!!! 

      

OBRADOIROS SOBRE SEGURIDADE NA REDE

O Departamento de Orientación considera interesante para as familias a seguinte información sobre dous obradoiros online:

DÍA DE INTERNET SEGURA 2024 (6 de febreiro).

https://espazoabalar.edu.xunta.gal/consellos-de-seguridade/novas/obradoiros-dinamico-participativos-en-lina-para-o-alumnado-no-dia-de

 NOOC "Menores e seguridade na rede"

https://espazoabalar.edu.xunta.gal/consellos-de-seguridade/novas/nooc-menores-e-seguridade-na-rede

 

OBRADOIROS SOBRE INTELIXENCIA ARTIFICIAL NO MACÍAS

A Aula de Emprendemento do IES Macias o Namorado crea espazos de emprendemento no centro para impulsar as habilidades emprendedoras do alumnado, en especial da Formación Profesional.

 

Destaca a realización de varios obradoiros que tiveron por obxecto coñecer as ferramentas da Intelixencia Artificial (IA) aplicadas ao emprendemento. Deste xeito, o alumnado aprendeu a comprender os conceptos básicos da IA e a súa relevancia no emprendemento, así como a achegarse ás ferramentas dispoñibles.

Os días 23 e 29 de Novembro leváronse a cabo os primeiros obradoiros co alumnado dos Ciclos Formativos de Electricidade, Robótica e Automatización Industrial, e este x xoves día 21, complétanse as actividades deste trimestre coa participación dos ciclos medio e superior da familia de Administración e Xestión.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut