Skip to Content

Premios e recoñecementos

O MACÍAS ENTRE OS MELLORES IES NAS ABAU

La Voz de Galicia  publicou onte que o noso IES foi un dos poucos centros de Galicia que acadou unha nota media de máis de 7 puntos na parte xeral da ABAU, un indicador do nivel de preparación do noso alumnado, sendo o vixésimo de toda Galicia. 

Nas comarcas dos arredores de Santiago, só 10 institutos acadaron esta cualificación, e o Macías foi o sexto mellor, cunha cualificación de 7,436 puntos, sendo ademáis o único da nosa comarca.

O Namorado é, ademáis, un dos centros que presenta unha menor diferencia entre a cualificación ABAU e a cualificación do Bacharelato (menos de 0,5 puntos) o que reflicte a coherencia das cualificacións do Bacharelato e a súa excelente preparación para esta proba. Nas ABAU tres alumnas do noso centro se situaron entre os mellores expedientes de toda Galicia.

Noraboa ao alumnado, as familias e ao profesorado polo seu traballo e esforzo, que nos colocan na elite da nosa contorna!!

EXPOSICIÓN "MACIAS NO ESPELLO"

O pasado 10 de abril, o Alcalde de Padrón, D. Anxo Arca e a Concelleira de Cultura inauguraron unha exposición de imaxes que foran realizadas nun obradoiro do Departamento de Plástica co fotógrafo Fuco Reyes desenvolvido no IES MACIAS O NAMORADO durante o curso 22-23.

As fotografías nas que colaborara o alumnado de 4º da ESO, formaron parte do seu proxecto "O Espello de Claude" co que Fuco Reyes gañou o Premio Luis Ksado de creación fotográfica na súa XVII edición, organizado pola Deputación da Coruña no ano 2023.

As imaxes, (case unha vintena) están protagonizadas polo noso alumnado (agora en Bacharelato), e exploran os sentimentos da adolescencia e a súas vivencias interiores no Instituto. A exposición estará dispoñible ata mediados de maio e aberta ao público no horario do Auditorio Municipal padronés.

      

SAMAÍN - MAGOSTO

O pasado martes celebramos no IES unha festa de Samaín-Magosto. Aínda que a climatoloxía non acompañou, o alumnado da ESO e Ciclos Básicos participou pola tarde en distintas actividades e xogos populares organizadas polo Equipo de Dinamización Lingüística, e falláronse os concursos de disfraces e cabazas. Ademáis desfrutaron dunha degustación de castañas para todos.

                     

   

EXCELENTES RESULTADOS DELF SCOLAIRE

A Alianza Francesa acaba de remitir os resultados dos nosos alumnos no exame do DELF Scolaire, unha vez máis, o Departamento de Francés, logo de traballar intensamente acadou uns resultados excelentes.

Maís do 90% do alumnado acadou unha cualificación positiva coa que lograron acreditar unha competencia lingüística nos niveis B1 e B2 !!!

NORABOA AO ALUMNADO E Á DOCENTE!!

Premio extraordinario para dúas alumnas do IES Macías o Namorado

O xoves 23 de xuño dúas das nosas alumnas de 2º de Bacharelato recibiron o PREMIO EXTRAORDINARIO aos mellores expedientes, galardón que outorga a USC ao alumnado con mellor expediente na ABAU entre todos os institutos de Galicia. Todo un recoñecemento ao esforzo e dedicación ao estudo.

Parabéns para estas rapazas! 

Se queres saber máis, preme na noticia de El Correo Gallego.

Medalla de bronce para o IES Macías o Namorado

O pasado venres 6 de xuño os nosos alumnos de 2º de FPB Samuel Batalla Gago e Marcos Barros Caamaño recibiron a MEDALLA DE BRONCE pola súa participación no FPBásicaSkills Galicia 2022, na especialidade de Electricidade e Electrónica.

Organizado pola Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, FPBásicaSkills Galicia 2022 ten como obxectivo darlle unha maior proxección e difusión aos ciclos de formación profesional básica e programas formativos que se imparten en Galicia.

 

Moitos parabéns a Samuel e a Marcos!! 

Medalla de prata para o IES Macías o Namorado

Estamos de parabéns!

Temos que felicitar ao noso alumno Miguel Pousada Parente, que cursa 2º Ciclo Medio de Instalacións eléctricas e automáticas no centro, por acadar a MEDALLA DE PRATA na súa modalidade no Galiciaskills 2021. Para ver os resultados da competición preme aquí.

Moitos parabéns, Miguel!

              

Distribuir contido


by Dr. Radut