O xoves 31 de marzo o alumnado de 3º ESO realizou un roteiro polo patrimonio histórico-artístico e das paisaxes literarias compostelás de Héctor Cajaraville e o seu libro Once Portas. Unha actividade interdisciplinar organizada polos departamentos de Xeografía e Historia e Lingua Galega, mesturando literatura, arte e historia para coñecer Compostela.