Skip to Content

Educación Física

INICIACIÓN Á DANZA URBANA

A pasada semana os grupos de 3º e 4º da ESO tiveron unhas sesións/obradorios de Iniciación á Danza Urbana e Breakdance. As sesións foron dirixidas por unha monitora da Escola Inquedanza de Vilagarcía.

  

EXCELENTE RESULTADO NA FASE PROVINCIAL DO XOGADE

  

 O noso representante Iker Vázquez finalizou nun meritorio decimosegundo lugar na fase provincial de XOGADE.O seu esforzo levouno a competir coa elite desta proba de campo a través na última fase.

NORABOA IKER!

INICIACIÓN Á ESCALADA

Onte mércores 20 de marzo, o alumnado do IES realizou unha actividade de bautismo de escalada no rocódromo Indoorwall de Santiago de Compostela. Alumnado e profesorado acompañante gozaron desta emocionante xornada deportiva.

        

 Despois desprazáronse ao Museo de Historia Natural onde coñeceron as importantes coleccións de animais, insectos... Esta actividade foi organizada polos departamentos de Educación Física e o Departamento de Bioloxía.

Clica nos adxuntos para ver máis imaxes destas actividades.

Rafting no río Ulla

O pasado luns 30 de maio o noso alumnado de 4º ESO gozou dunha actividade do máis intensa e divertida: Rafting no río Ullaorganizado polo departamento de Educación Física.

Imaxe tomada de Arrepións.com
Imaxes tomadas de Arrepións.com

Un total de 21 alumnas e alumnos repartidos en 3 balsas, guiados por monitores e acompañados de profesorado do centro liberaron toda a adrenalina posible ao longo de parte do tramo Xirimbao-Herbón.

Para repetir, seguro!

Educación Física

EDUCACIÓN FÍSICA

Distribuir contido


by Dr. Radut