Skip to Content

Complementarias

Complementarias

Visita ao Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre Campo Lameiro

O pasado martes 14 de xuño o alumnado de 1º ESO realizou unha saída ao Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre Campo Lameiro.

A xornada, organizada polo departamento de Xeografía e Historia, e coa colaboración dos docentes de Bioloxía e Xeoloxía e Matemáticas do curso, incluíu, ademais da visita ao xacemento e aos principais petroglifos do mesmo, obradoiros de arqueoloxía experimental sobre aspectos da vida na Prehistoria. 

Os petroglifos de Campo Lameiro, cunha antigüidade aproximada de 4000 anos, son un xacemento único en Europa. O parque amosa as formas de vida das sociedades neolíticas e da Idade dos Metais, e inclúe salas de exposición de materiais e reproducións, videoproxeccións e unha reconstrucción de un poboado con vivendas de pallabarro.

Os alumnos e alumnas, en dúas quendas, coñeceron o método para a fabricación de lume por fricción con arco, e practicaron a caza prehistórica con azagaias e propulsores.

Todos e todas amosaron excelentes cualidades para o lanzamento e sorprenderon aos monitores do Parque coa súa puntería e habilidade.

Actividade De bo rollo!

O martes 7 de xuño o alumnado de 4º ESO recibiu unha charla sobre sexualidade, diversidade e xestión saudable das relacións, impartida por dúas educadoras sociais do centro de sexoloxía Con mucho gusto!: Lucía Álvarez e Sabela Maceira.

Puede ser una imagen de 2 personas y personas de pie

Os eixes transversais nos que se centrou a xornada foron:

- O autocoñecemento do corpo

- A xestión das emocións

- O bo trato e a autoestima

Traballouse a comunicación asertiva, a posta de límites e a negociación para garantir as relacións desexadas libres de coacción e violencias.

 Moi contentos/as e satisfeitos/as con esta actividade, organizada por Vicedirección e o departamento de Orientación.

Charla asociación ALAS

Este martes 7 de xuño a asociación ALAS (Asociación pola Liberdade Afectiva e Sexual) levou a cabo no noso IES unha xornada de formación en diversidade LGTBI+ para o alumnado de 2º ESO, organizada polo Equipo de Igualdade do noso centro.

ALAS A Coruña - Asociación pola Liberdade Afectiva e Sexual da Coruña

A xornada estivo estruturada en 5 boques:

1.- Que sabes ti de diversidade?

2.- Identidade sexual

3.- Expresións da sexualidade

4.- Orientación sexual

5.- A saída do armario

As persoas encargadas do obradoiro entregaron ao alumnado unhas guías didácticas para consultar e utilizaron diferentes dinámicas de grupo. O alumnado mostrouse atento e participativo.

O principal obxectivo desta actividade é que o alumnado sexa un grupo de apoio para o colectivo LGTBI+, avanzando cara a un mundo máis igualitario.

Rafting no río Ulla

O pasado luns 30 de maio o noso alumnado de 4º ESO gozou dunha actividade do máis intensa e divertida: Rafting no río Ullaorganizado polo departamento de Educación Física.

Imaxe tomada de Arrepións.com
Imaxes tomadas de Arrepións.com

Un total de 21 alumnas e alumnos repartidos en 3 balsas, guiados por monitores e acompañados de profesorado do centro liberaron toda a adrenalina posible ao longo de parte do tramo Xirimbao-Herbón.

Para repetir, seguro!

Visual thinking sobre o teatro

Aquí amosámosvos o traballo gañador de Sara, alumna de 2º ESO que elaborou este magnífico VISUAL THINKING sobre o teatro, actividade proposta polo departamento de Lingua Castelá e Literatura:

Parabéns Sara pola túa obra!

Obradoiro primeiros auxilios

Este venres 27 de maio, acudiu ao noso centro o equipo de Protección Civil de Padrón para impartir un Taller de Primeiros Auxilios ao alumnado de 1º curso de FP das familias de Administrativo e Electricidade. 

Durante este interesante obradoiro o alumnado puido practicar as técnicas de reanimación cardiopulmonar (RCP) en adultos, nenos e nenas e lactantes.

Velaquí a publicación de IG do Grupo de Emerxencias Supramunicipal Terras de Iria:

Charla coloquio "Xornada de igualdade laboral"

Este martes 10 de maio, e por terceiro ano consecutivo, o Equipo de Igualdade do IES Macías o Namorado organizou a charla-coloquio sobre a igualdade no eido laboral, na que participou o alumnado de Ciclos Formativos.

Para esta xornada contamos coa colaboración de Luís Carreira, Técnico de persoal da empresa FINSA; Sara Rodríguez, garda civil; Pablo Lorenzo, da área legal laboral da empresa CORTIZO e Milagros González, presidenta do Consello Regulador da denominación de Orixe “Pemento de Herbón”.

Con esta actividade preténdese que o alumnado coñeza e reflexione sobre:

  • A importancia de contar con Plans de Igualdade nas empresas.
  • Medidas de conciliación laboral e familiar.
  • A fenda salarial.
  • A obrigatoriedade da transparencia salarial.

Podes acceder á noticia premendo en: El Correo Gallego.

Actividades da Fundación Cela

Esta semana dedicamos varioas sesións en diferentes días para desenvolver unha serie de actividades organizadas pola Fundación Pública Gallega Camilo José Cela de Padrón.

  • O luns 9 de maio, o alumnado de 3º e 4º ESO realizou un divertido Escape room polo Museo Cela, onde tiveron que resolver distintas probas sobre Literatura (arredor da figura de Camilo José Cela) e Ciencia. Unha forma lúdica de aprender e coñecer este emblemático museo.

  • O mércores 11 de maio, o alumnado de 1º Bacharelato, xunto con alumnado deste nivel procedente doutros centros, participaron conxuntamente na ofrenda floral celebrada como homenaxe ao escritor, no 106º aniversario do seu nacemento, seguida da lectura pública de A Rosa, obra inicio das memorias do autor. Para finalizar, alumnado e profesorado puideron visitar a exposición sobre a vida de Cela no xardín da Fundación. Podes ler a noticia sobre este acto en páxina web do Concello.

Estas actividades forman parte da programación deseñada pola Fundación Camilo José Cela no marco de Letreseo, celebración arredor das Letras Galegas que comezou o pasado luns e se prolonga ata o 20 de maio.

Visita Iniciativas Emprendedoras

Seguindo co seu compromiso de achegar ó alumnado a realidade do mundo laboral e a súa formación integral non ámbito profesional,  fomentando o contacto con iniciativas empresariais, o IES Macías o Namorado organizou o luns 25 de abril unha saída de estudos formativa a dous proxectos exemplarizantes no ámbito do emprendemento. Participaron nesta actividade alumnas e alumnos de FPB, CM e CS da rama de Administrativo.

Enoturismo María Manuela (Boqueixón), un complexo de 6 cabanas nun bosque autóctono e unha plantación de uva albariño, coa recente construción dunha adega. Aunando a paixón polo viño, o turismo e o bo facer dous seus promotores, fan desta iniciativa un referente de calidade, onde disfrutar da natureza. Premio autonómico ás Iniciativas de Desenvolvemento Rural na categoría de turismo e certificada coa distinción SICTED (Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destinos), promovido pola Secretaría de Estado de Turismo. 

A Estación – Centro de Emprendemento (Vedra), iniciativa promovida polo concello de Vedra, e que ten como obxectivo, ser un axente de referencia que estimule a economía local e a creación de emprego, a través da creación de  coworking, asesoramento e acompañamento a futuros emprendedores. A singularidade principal  desta iniciativa é o aproveitamento e rehabilitación dun vagón de tren, como coworking, feito que lle levou a ser finalista na oitava convocatoria dos Premios de Boas Prácticas polo Clima promovido pola Federación Española de Municipios e Provincias. 

 

Os obxectivos plantexados polo departamento de Administrativo do IES Macías o Namorado, no marco desta saída de estudos, foron: 

  • Coñecer experiencias e boas prácticas empresariais, onde a calidade e a innovación   estean presentes.
  • Familiarizarse con todas as fases do proceso do emprendemento.
  • Identificar as diferentes liñas de financiamento existentes para impulsar iniciativas empresariais. 
  • Reflexionar sobre a importancia dunha correcta atención ao cliente.
  • Identificar as diferentes distincións/certificacións de calidade ás que pode optar unha empresa. 
  • Coñecer o traballo dos concellos, encamiñado a estimular a economía local a través da formación a mentorización e o apoio a pequenos emprendedores. 

 Podes ler a noticia premendo na ligazón de El Correo Gallego ou na de La Voz de Galicia.

De Maeloc a Castelao

O xoves 21 de abrilIsabelle Kerdudo visitou o noso centro para dar a charla De Maeloc a Castelao sobre a situación das linguas minorizadas como o bretón e máis o galego.

Isabelle, nada na Bretaña francesa, e actualmente profesora de francés na EOI de Santiago de Compostela, propuxo ao noso alumnado de 4º ESO unha serie de preguntas sobre o idioma bretón e sobre personaxes célebres da historia ou da literatura desa rexión francesa. Expuso tamén un mapa lingüístico e explicou as medidas que se están a tomar na Bretaña para recuperar falantes e evitar a perda do idioma. Fixo polo tanto referencia ás Écoles Diwan -escolas asociativas laicas nas que o ensino se imparte na lingua bretona-, ás Escolas de Ensino Galego Semente, ás Calandreta -escolas nas que se imparte a lingua occitana- e ás Ikastolas -centros nos que a lingua vehicular é o eúscaro-, por exemplo, para amosar un xeito de preservar, protexer e fomentar o uso das linguas minorizadas e evitar así a súa desaparición.

A charla de Isabelle foi ben interesante para a rapazada, que participou activamente e se interesou polo tema. Esta actividade, foi proposta polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega, e contou coa colaboración da nosa poeta Rosa Enríquez, profesora de Francés deste centro. Tendo conta do éxito, esperamos que se poida repetir para o vindeiro ano escolar.

Distribuir contido


by Dr. Radut