Este martes 10 de maio, e por terceiro ano consecutivo, o Equipo de Igualdade do IES Macías o Namorado organizou a charla-coloquio sobre a igualdade no eido laboral, na que participou o alumnado de Ciclos Formativos.
Para esta xornada contamos coa colaboración de Luís Carreira, Técnico de persoal da empresa FINSA; Sara Rodríguez, garda civil; Pablo Lorenzo, da área legal laboral da empresa CORTIZO e Milagros González, presidenta do Consello Regulador da denominación de Orixe “Pemento de Herbón”.
Con esta actividade preténdese que o alumnado coñeza e reflexione sobre:
- A importancia de contar con Plans de Igualdade nas empresas.
- Medidas de conciliación laboral e familiar.
- A fenda salarial.
- A obrigatoriedade da transparencia salarial.
Podes acceder á noticia premendo en: El Correo Gallego.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
IgualdadeLaboral_Maio22.jpg | 52.98 KB |