Skip to Content

Actividades da Fundación Cela

Esta semana dedicamos varioas sesións en diferentes días para desenvolver unha serie de actividades organizadas pola Fundación Pública Gallega Camilo José Cela de Padrón.

  • O luns 9 de maio, o alumnado de 3º e 4º ESO realizou un divertido Escape room polo Museo Cela, onde tiveron que resolver distintas probas sobre Literatura (arredor da figura de Camilo José Cela) e Ciencia. Unha forma lúdica de aprender e coñecer este emblemático museo.

  • O mércores 11 de maio, o alumnado de 1º Bacharelato, xunto con alumnado deste nivel procedente doutros centros, participaron conxuntamente na ofrenda floral celebrada como homenaxe ao escritor, no 106º aniversario do seu nacemento, seguida da lectura pública de A Rosa, obra inicio das memorias do autor. Para finalizar, alumnado e profesorado puideron visitar a exposición sobre a vida de Cela no xardín da Fundación. Podes ler a noticia sobre este acto en páxina web do Concello.

Estas actividades forman parte da programación deseñada pola Fundación Camilo José Cela no marco de Letreseo, celebración arredor das Letras Galegas que comezou o pasado luns e se prolonga ata o 20 de maio.

AdxuntoTamaño
10dc4a8d-a5e1-4799-9dab-9572a27cb2fa.jpg64.19 KB
217bd9cb-0ebf-42b7-99af-c2ce8d0c247d.jpg47.26 KB
c4b1ca9a-6dc8-421a-9c28-fc266559b64a.jpg66.24 KB


page | by Dr. Radut