Skip to Content

CALENDARIO PROCESO DE ADMISIÓN CICLOS FP

Recordamos o calendario do proceso de admisión nos ciclos formativos de formación profesional para o curso 2024-25 nas distintas modalidades.

ENLACE ADMISIÓN CICLOS

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DA ESO

Publicada a Orde de Convocatoria dos premios extraordinarios ao rendemento académico na ESO. O prazo é dun mes comezando o 6 de xuño.

ENLACE PREMIOS EXTRAORDINARIO

XUNTANZA CLUBES DE LECTURA

O pasado 28 de maio tivo lugar a II Xuntaza dos Clubes de Lectura organizada polo IES Ribeira Nº1 o día 14 de maio na Illa de Sálvora. Participaron o noso insituto, o IES de Porto do Son, o IES Félix Muriel de Rianxo e o IES Espiñeira de Boiro.

O alumnado desfrutou dunha visita guiada e distintas actividades nun entorno privilexiado parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas.

 

PROBAS LIBRES CICLO MEDIO FP

XORNADA DE ACOLLIDA PROBAS LIBRES FP

 LUNS 3 DE XUÑO ÁS 09:30H NA BIBLIOTECA DO IES

 

PROBAS LIBRES CICLO SUPERIOR FP

 

 

VISITA A CARNOTA E O ÉZARO

O pasado martes 21 de maio, o alumnado que cursa a materia de Bioloxía e Xeoloxía de 4º ESO, e Bioloxía, Xeoloxía e Ciencias Ambientais de 1º Bacharelato do noso centrovisitou o espazo natural de Carnota-Monte Pindo.

         

Alí puidemos non só gozar da súa arquitectura tradicional, coa parada no hórreo de Carnota, senón tamén da riqueza medioambiental do lugar: as marismas, a lagoa e as dunas da praia de Carnota (observando a modelaxe característica e a vexetación e a fauna propia dese ecosistema). Ademais, explicáronse aspectos relacionados coa xeoloxía, como a orixe tectónica e o relevo granítico do Monte Pindo, ou a modelaxe fluvial do río Xallas na fervenza do Ézaro. E, malia que por cuestións meteorolóxicas non puido ser in situ, observamos e comentamos durante o traxecto as formacións graníticas na zona de Caldebarcos.

Tamén tratamos outros aspectos importantes durante a visita, como as enerxías renovables (analizando pros e contras), coa parada no Parque Eólico das Paxareiras e a Central Hidroeléctrica de Castrelo, en Ézaro. Por último, fixemos unha breve paraxe na vila de Muros.

Xa que a visita contou coa intervención, en cada sitio, do grupo de alumnas e alumnos correspondente, encargados de facer a súa achega (asignada e traballada previamente), resultou ser moi enriquecedora para alumnado e profesoras.

BECAS E AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO

Aberto o prazo para solicitar as bolsas e axudas que convoca o Ministerio de Educación e Formación Profesional para o vindeiro curso 2024-2025, dirixidas ao alumnado con necesidade específica de apoio educativo.

  • Prazo: do 20 de ABRIL de 2024 ao 13 de setembro de 2024

Toda a información dispoñible na páxina web do ministerio, sección BECAS Y AYUDAS.

INICIACIÓN Á ESCALADA

Onte o alumnado de 3º da ESO realizou unha sesión de iniciación á escalada no Rocódromo de Santiago.

 

Aquí tes as fotos

CALENDARIO DE EXAMES 2º BACHARELATO

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR CURSO 24/25

Publicada a convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 24/25

Prazo de solicitude:     do 21/5/2024  a 21/6/2024, incluídos. 

Texto da convocatoria:   ORDE do 7 de maio de 2024 .

Forma de presentación:

Electrónica: utilice a aplicación FONDO LIBROS e presente solicitude na Sede Electrónica.

Presencial con asistencia da aplicación: cubra os datos na aplicación FONDO LIBROS, imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro.

Presencial manual: utilice os Anexo I e Anexo II da Orde da convocatoria.

O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2024-2025, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2023-2024.

Distribuir contido


by Dr. Radut