Skip to Content

PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS de grao medio e superior de FP (2024)

Publicada a Orde do 21 de decembro de 2023 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2024 (códigos de procedemento ED312C e ED312D).

Prazo de presentación de solicitudes:

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación de solicitudes estará abranguido entre os días 26 de febreiro e 8 de marzo de 2024, ambos os dous incluídos.
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de presentación de solicitudes estará abranguido entre os días 29 de xaneiro e 9 de febreiro de 2024.

Máis información

BO NADAL A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA

OBRADOIROS SOBRE INTELIXENCIA ARTIFICIAL NO MACÍAS

A Aula de Emprendemento do IES Macias o Namorado crea espazos de emprendemento no centro para impulsar as habilidades emprendedoras do alumnado, en especial da Formación Profesional.

 

Destaca a realización de varios obradoiros que tiveron por obxecto coñecer as ferramentas da Intelixencia Artificial (IA) aplicadas ao emprendemento. Deste xeito, o alumnado aprendeu a comprender os conceptos básicos da IA e a súa relevancia no emprendemento, así como a achegarse ás ferramentas dispoñibles.

Os días 23 e 29 de Novembro leváronse a cabo os primeiros obradoiros co alumnado dos Ciclos Formativos de Electricidade, Robótica e Automatización Industrial, e este x xoves día 21, complétanse as actividades deste trimestre coa participación dos ciclos medio e superior da familia de Administración e Xestión.

 

OBRADOIRO DE MINERAIS CON FRAN CANOSA

O pasado xoves 23 de outubro o alumnado de 1º ESO, e o alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 4º de ESO e 1º BAC realizou un obradoiro sobre minerais dirixido por Fran Canosa (Doutor en Xeoloxía e divulgador de renome). Non é a primeira vez se realiza esta actividade, donde os alumnos/as aprenden a recoñecer e experimentan coas propiedades dos minerais de forma máis lúdica.

 

O MACÍAS CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

O noso instituto sumouse á conmemoración do 25N CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA. Durante o segundo recreo o noso alumnado gardou un respetuoso minuto de silencio para recordar á tódalas victimas da violencia machista e seguidamente varios alumnos de 2º de Bacharelatoleron unha serie de textos de María Reimóndez en solidaridade coas mulleres maltratadas.

 

SHOWROOM-ETHERCAT

O alumnado de 2º de Ciclo Superior de AUTOMATIZACIÓN E ROBÓTICA INDUSTRIAL asistiu os días 20 e 21 de novembro ao Showroom-Ethercat organizado pola empresa BECKHOFF. Nesta formación coñeceron aspectos teóricos e prácticos do BUS DE COMUNICACIÓN INDUSTRIAL ETHERCAT de ampla implantación no mundo da automatización.

 

VIDEOFORUM

Convídase ás familias á participación nun VIDEOFORUM sobre o filme galego MATRIA que terá lugar no Auditorio do Concello o vindeiro día 24. Unha reflexión sobre o rol da muller na sociedade galega que recibiu numerosos premios.

 

SAMAÍN - MAGOSTO

O pasado martes celebramos no IES unha festa de Samaín-Magosto. Aínda que a climatoloxía non acompañou, o alumnado da ESO e Ciclos Básicos participou pola tarde en distintas actividades e xogos populares organizadas polo Equipo de Dinamización Lingüística, e falláronse os concursos de disfraces e cabazas. Ademáis desfrutaron dunha degustación de castañas para todos.

                     

   

PROBAS DE ACREDITACIÓN DE COMPETENCIA LINGÜÍSTICA. Niveis B1, B2 E C1 PARA ALUMNADO DE ESO, BACHARELATO E FP

Publicouse a  RESOLUCIÓN DO 29 DE SETEMBRO DE 2023, DA DIRECCIÓN XERAL DE ORDENACIÓN E INNOVACIÓN EDUCATIVA POLA QUE SE REGULA A XESTIÓN DE PROBAS DE ACREDITACIÓN DE COMPETENCIA LINGÜÍSTICA EN LINGUAS ESTRANXEIRAS PARA O ALUMNADO QUE CURSE ESTUDOS EN CENTROS PÚBLICOS DEPENDENTES DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES DURANTE O CURSO 2023/2024.   que establece as axudas e a xestión de probas de nivel lingüístico (B1, B2 ou C1) para o alumnado que curse 4º de ESO, 1º e 2º de BAC e  Formación Profesional no curso 2023/2024.

O alumnado, asesorado, e a proposta do profesorado de lingua estranxeira, poderá presentarse nunha única proba de nivel dunha lingua, que será, preferentemente, a cursada como primeira lingua estranxeira. O centro seleccionará as probas ás que se presentará o alumnado con criterios de comodidade e proximidade e as familias encargaranse do traslado ao lugar do exame en caso de que estas probas non poidan celebrarse no propio centro.

 A realización destas probas, que se desenvolverán durante o curso 2023/2024, recibirá financiamento da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. Se a dotación económica non fose suficiente para cubrir todas as demandas de alumnado interesado, o centro seleccionará o alumnado participante con criterios transparentes, públicos e obxectivos.

O prazo de solicitude remata o 6 de novembro. O alumnado e as familias deberán asinar un compromiso de realización das probas. O documento pódese descargar  premendo aqui.

Calendario escolar

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2024-2025

 

ORDEN de 12 de abril de 2024 por la que se aprueba el calendario escolar para el curso 2024/25 en los centros docentes sostenidos con fondos públicos en la Comunidad Autónoma de Galicia.

 

   Inicio do período lectivo: 11 de setembro de 2024

   Remate do período lectivo: 20 de xuño de 2025

  • Períodos vacacionais:

Nadal: do 23 de decembro de 2024 ao 7 de xaneiro de 2025 (ambos inclusive).

Entroido: 3, 4 e 5 de marzo de 2025.

Semana Santa: do día 14 de marzo ata o 21 de abril de 2025 (ambos inclusive).

 

Días non lectivos: 

  • 12 de outubro. Día da Hispanidade.
  • 31 de outubro. Dia do Ensino.
  • 1 de novembro. Día de Santos.
  • 6 de decembro. Día da Constitución.
  • 8 de decembro. Día da Inmaculada Concepción.
  • 5 de maio. Dia de escolla do centro (Pendente de aprobación)
  • 6 de maio. Festivo local.
  • 17 de maio. Día das Letras Galegas.

 

Datas de avaliacións: (Pendente de aprobación)

  • Avaliación Inicial: 16 de outubro

 

  • 1ª Avaliación
  • 2 de decembro (2º de Bach) e 16-18 de decembro.

 

  • 2ª Avaliación
  • 10 de marzo (2º Bach) e 26 de marzo (2º Ciclos) e 7-9 de abril.

 

  • 3ª Avaliación
  • 2º de Bacharelato (Ordinaria pendente de confirmación datas da ABAU);1º Bacharelato e 1º Ciclos o 9 de xuño: 23 de xuño o resto.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut