Skip to Content

Actividades

INICIACIÓN Á DANZA URBANA

A pasada semana os grupos de 3º e 4º da ESO tiveron unhas sesións/obradorios de Iniciación á Danza Urbana e Breakdance. As sesións foron dirixidas por unha monitora da Escola Inquedanza de Vilagarcía.

  

SAMAÍN - MAGOSTO

O pasado martes celebramos no IES unha festa de Samaín-Magosto. Aínda que a climatoloxía non acompañou, o alumnado da ESO e Ciclos Básicos participou pola tarde en distintas actividades e xogos populares organizadas polo Equipo de Dinamización Lingüística, e falláronse os concursos de disfraces e cabazas. Ademáis desfrutaron dunha degustación de castañas para todos.

                     

   

Os alumnos do Ciclo de Administrativo visitan Correos

 

Os obxectivos desta saída de estudios foron:   

Familiarizarse co Grupo Correos, o funcionamento do día a día dunha oficina  e cos servizos que ofrece as empresas  en particular. Coñecer a tecnoloxía que se aplica nos procesos de servizos de correos, o control sobre os envíos, e a posibilidade de dispor de información real do estado das entregas.  

Reforzar  os contidos teóricos do módulo de Técnicas Administrativas, cunha visión de carácter práctico. E por último coñecer as oportunidades laborales do Grupo Correos.

Xornadas de Automatización Industrial (VIGO-2022)

Os alumnos do 2º curso de Automatización e Robótica participaron os pasados 16 e 17 de novembro nas Xornadas de Automatización Industrial, celebradas en Vigo, onde tiveron ocasión de coñecer os avances nas tecnoloxías e solucións para a automatización industrial.

     

Nas xornadas coñeceron os últimos adiantos de empresas punteiras do sector, e serviron para completar a formación especializada do noso alumnado.

O Macías visita París

A nosa viaxe a París foi un rotundo éxito!

O mesmo día da nosa chegada á cidade, o venres 7 de outubro, visitamos o Louvre. Alí contemplamos, entre tantas outras obras, o famoso retratro da Mona Lisa, de Leonardo da Vinci, e unha estatua colosal, La victoire de Samotrace, pertencente a escola rodia do período helenístico. Impresionante!. 

O sábado 8 de outubro foi moi intenso. Pola mañán, estivemos no Museo de Orsay, que é unha auténtica delicatessen. O edificio embelesa pola luz que atravesa todos os espazos e mais polas obras que alí se poden ver. De Van Gogh a Cézanne, seleccionamos este: “Le déjeuner sur l’herbe”, de Édouard Manet.

 

Ao saírmos de Orsay, fomos pasear pola beira do Sena, visitamos “les boîtes des bouquinistes” e mercamos algún souvenirs como agasallo para as nosas familias, e, ao final da tarde, subimos ao piso máis alto da Tour Eiffel!! Todo isto nun día!! Estas rapazas de 4º ESO e 1º BAC son unhas xefazas!!

O domingo 8 de outubro, collemos o metro e fomos ata Versailles para visitar o castelo. Alí pasamos toda a mañán e regresamos a París sobre ás dúas e media. Despois de comer, demos un paseo por Montmartre, vimos o Moulin Rouge, o Moulin de la Galette e o Sacré-Coeur.

 

Xa pola noite achégamonos á Place du Tertre, tamén en Montmartre, que por certo estaba en festas, e comemos unhas crêpes deliciosas. Fixemos unha morea de selfies que reflicten todo isto que contamos. E non pensedes que isto rematou nesa noite tan divertida!! Aínda hai máis!!

O luns, 10 de outubro, o noso penúltimo día en París, foi moi longo. Estirámolo ao máximo. Estivemos pola zona de Saint-Germain, volvemos polas “boîtes de bouquinistes”, fixemos foto da catedral de Notre-Dame, comemos na típica “brasserie” parisina, achegámonos á Place de la Concorde, previo paso polo Jardin des Tuileries (cousa bonita estes xardíns!!) e dirixímonos cara aos Champs-Elysées co obxectivo (sempre hai un obxectivo) de ver o Arc de Triomphe. Xa pola fresca, puxémonos nostálxicas e decidimos ir aos Champs de Mars para contemplar a Tour Eiffel de noite, onde fixemos o selfi de rigor.

   

Como non considerar esta viaxe un exitazo co ben que o pasamos e tanto como aprendemos??  As risas pola noite, as comidas compartidas, os selfies, as crêpes, A ARTE INMENSA da antiga Lutecia e tantas emocións e anécdotas vividas permanecerán para sempre na nosa memoria. Queremos repetir? Abofé que queremos!! 

PRÓXIMO OBRADOIRO SOBRE VIOLENCIAS

MARTES 13 DE XUÑO ÁS 20:30H NA AULA DO CENTRO SOCIAL DE PADRÓN

Formación para familias e profesionais que traballan con adolescentes

O próximo xoves 24 de febreiro terá lugar, en Dodro, un curso de formación para familias e profesionais que traballan con adolescentes sobre problemas de conduta na adolescencia.

Toda a información no cartel:

Programa mes de Rosalía Concello de Padrón

Deixámosvos o cartel da obra de teatro Libre coma os paxaros, que se representará no Auditorio Principal o vindeiro sábado 19 de febreiro ás 19h da tarde:

Esta obra forma parte do programa sobre o Mes de Rosalía que o Concello organizou. Preme na ligazón para descargalo e poder consultalo!

Novembro en Padrón: rexeitando a violencia contra as mulleres

Dende a Asociación Feminista, Mulleres en Padrón infórmase das actividades que están sucedendo neste mes de novembro de NON a todas as violencias, e anímase á participación do alumnado:
 
1) Espazo Mural no PASEO DO ESPOLÓN ata o 27 de novembro: Para que se acheguen con rotus, pinturas, etc e plasmen o seu sentir visibilizando o noso NON A TODAS AS VIOLENCIAS.
 
2) Espazo Olladas na PRAZA DE MACÍAS ata o 27 de novembro: Para que colguen a súa nos cordeis que están alí [OLLADA: A4 co recorte dos teus ollos e un pequeno texto debaixo]
 
3) Espazo Fala na Rúa Rosalía o sábado 27 de novembro ás 12h: Para que expresen o seu sentir con total liberdade (poema, texto, canción, pensamento...).
 
Ademais, mañá, 25N, na Rúa Rosalía de Castro, ás 20h esta asociación fará unha lectura do manifesto cunha representación artística nese espazo.
Distribuir contido


by Dr. Radut