Skip to Content

LISTAXE DEFINITIVA FONDO SOLIDARIO E AXUDAS DE MATERIAL

Rematado prazo de dous días hábiles para reclamar á publicación das listaxes provisionais de admitidos e excluídos da Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar, están publicadas no IES as LISTAXES DEFINITIVAS de admitidos e excluídos*. Esta publicación tamén será accesible con certificado electrónico ou Chave 365 a través da aplicación Fondolibros.

Lembramos que en cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos Persoais, as listaxes non se poden fotografar.

Os vales de material escolar e os libros entregaránse nas primeiras semanas de setembro. A tal efecto se enviará un ABALAR comunicando as datas e horas de recollida, que deberán facer sempre os SOLICITANTES DA AXUDA, ou unha persoa adulta debidamente autorizada (por escrito).

*Aínda que a data límite era 26 de xullo, para facilitar a organización familiar e a adquisición do material, publicamos xa as LISTAXES DEFINITIVAS.



page | by Dr. Radut