Skip to Content

INICIACIÓN Á DANZA URBANA

A pasada semana os grupos de 3º e 4º da ESO tiveron unhas sesións/obradorios de Iniciación á Danza Urbana e Breakdance. As sesións foron dirixidas por unha monitora da Escola Inquedanza de Vilagarcía.

  

Eleccions Consello Escolar 2024

Á Comunidade Escolar:

De acordo coa RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos. (DOG do 18/09), a Xunta Electoral deste Centro, en virtude das atribucións que lle son conferidas pola lexislación vixente, dispon a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar.

         

          Datas a ter en conta para as eleccións:

          - Presentación de Candidaturas:         do   1/11/2024  ao 8/11/2024, ámbolos os dous inclusive, de

             10:00h a 13:00h, na Secretaría do Centro.

          - Proclamación de candidatos/as:             11/11/2024

          - Reclamacións:                                        12 e 13 de novembro de 2024

          - Proclamación definitiva de candidatos:  14/11/2024

          - Votación de alumnado:                           19/11/2024, durante a mañá polas aulas

          - Votación de Pais/Nais:                            19/11/2024de 16:30h a 18:30h 

          - Votación do profesorado:                        19/11/2024

          Proclamación dos candidatos electos:    20/11/2024

 

O número de persoas que se elixirán nas distintas mesas é o seguinte:

           -Alumnado:      4 representantes.

           -Pais/Nais:       1 representante.

           -Profesorado:   5 representantes.

   

        Pode presentar a súa candidatura calquera membro da comunidade escolar.

        Tendo dereito a presentar a súa candidatura e a votar, tanto a nai como o pai ou se é o caso o titor/a legal do alumno/a.

       A Xunta electoral resolverá as dúbidas e reclamacións que se presenten.

       Á espera de contar cunha elevada participación nos distintos colectivos, aproveito a ocasión para saudalos.

Atentamente, 

Padrón, 29 de outubro de 2024.

A DIRECTORA

Rita Castiñeiras Sueiro

ALUMNADO DO CICLO SUPERIOR EN CIBERGAL

O alumnado de 2º de Ciclo Superior de Robótica e Automatización industrial participou o pasado 6 de novembro nas actividades englobadas en CIBER.GAL organizadas polo nodo galego de ciberseguridade que se desenvolveron no Gaiás. O alumnado formouse no programa NMAP (programa de código aberto que rastrexa portos na rede).

O programa baseado en Linux permite rastrexar  e escanear dispositivos e aplicativos nunha rede para detectar vulnerabilidades.

       

REUNIÓNS INICIO DE CURSO E TITORÍAS

Convocamos ás familias a unha reunión de inicio de curso para os pais/nais do alumnado que terá lugar o vindeiro martes 01 de outubro, na que estarán presentes a Dirección do centro, o Departamento de Orientación e os/as titores/as dos distintos grupos.

 A organización destas reunións será como segue:

CURSO

HORA

LUGAR

1º ESO

18 h

Salón de Actos

 2º ESO

 18 h

 2º A Aula  A11-08

2º B Aula  A11-14 

3º ESO

                18 h                

3º A Aula  A11-15

3º B Aula  A11-16 

4º ESO

18 h

4º A Aula  A11-17 

4º B Aula  A11-12 

PDC Aula  A12-25

1º BACH

18 h

1º Bac A  A11-19

1º Bac B  A11-18 

1º FPB

18:30 h

Biblioteca 

1º Ciclo Medio

19 h

CM Adm Aula  A12-27

CM Elec  Salon de Actos

ENTREGA DE VALES DE MATERIAL E LIBROS DE TEXTO

RECOLLIDA VALES E LIBROS DO FONDO SOLIDARIO.

Os solicitantes de Axudas do Fondo Solidario de Libros de Texto poderán recoller os vales e os libros preferentemente nos seguintes horarios:

MARTES 10: 1º E 2º da ESO de 16:00 a 19:00H.

MÉRCORES 11: 3º E 4º da ESO de 16:00 a 19:00h.

Lembramos que os VALES E OS LIBROS DO FONDO ENTREGARANSE SÓ ÁS PERSOAS SOLICITANTES, OU PERSOAS ADULTAS DEBIDAMENTE AUTORIZADAS (autorización escrita e DNI de ámbalas dúas persoas).

INICIO DO CURSO 24-25

As actividades lectivas comezarán o vindeiro 11 de setembro en horario habitual (08:45 a 14:25h).

O alumnado acudirá a primeira hora á súa aula de referencia, onde serán recibidos pola persoa titora que lles comunicará o horario, recordará as normas do centro e informará sobre outros temas do curso.

O alumnado de 1º da ESO será recibido polo equipo directivo e os seus titores no Salón de Graos.

A partir de 2ª hora o alumnado iniciará as clases co profesorado segundo o seu horario. O servizo de transporte para o alumnado tamén funcionará con normalidade.

O IES Macías o Namorado quere dar a benvida a toda a comunidade educativa a este novo curso 2024-2025.

LISTAXE DEFINITIVA FONDO SOLIDARIO E AXUDAS DE MATERIAL

Rematado prazo de dous días hábiles para reclamar á publicación das listaxes provisionais de admitidos e excluídos da Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar, están publicadas no IES as LISTAXES DEFINITIVAS de admitidos e excluídos*. Esta publicación tamén será accesible con certificado electrónico ou Chave 365 a través da aplicación Fondolibros.

Lembramos que en cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos Persoais, as listaxes non se poden fotografar.

Os vales de material escolar e os libros entregaránse nas primeiras semanas de setembro. A tal efecto se enviará un ABALAR comunicando as datas e horas de recollida, que deberán facer sempre os SOLICITANTES DA AXUDA, ou unha persoa adulta debidamente autorizada (por escrito).

*Aínda que a data límite era 26 de xullo, para facilitar a organización familiar e a adquisición do material, publicamos xa as LISTAXES DEFINITIVAS.

O MACÍAS ENTRE OS MELLORES IES NAS ABAU

La Voz de Galicia  publicou onte que o noso IES foi un dos poucos centros de Galicia que acadou unha nota media de máis de 7 puntos na parte xeral da ABAU, un indicador do nivel de preparación do noso alumnado, sendo o vixésimo de toda Galicia. 

Nas comarcas dos arredores de Santiago, só 10 institutos acadaron esta cualificación, e o Macías foi o sexto mellor, cunha cualificación de 7,436 puntos, sendo ademáis o único da nosa comarca.

O Namorado é, ademáis, un dos centros que presenta unha menor diferencia entre a cualificación ABAU e a cualificación do Bacharelato (menos de 0,5 puntos) o que reflicte a coherencia das cualificacións do Bacharelato e a súa excelente preparación para esta proba. Nas ABAU tres alumnas do noso centro se situaron entre os mellores expedientes de toda Galicia.

Noraboa ao alumnado, as familias e ao profesorado polo seu traballo e esforzo, que nos colocan na elite da nosa contorna!!

LIBROS DE TEXTO 2024-2025

 

Xa están dispoñibles as listaxes dos libros de texto para o vindeiro curso 2024-2025.

Consulta os arquivos adxuntos.

 

 

CALENDARIO DE MATRíCULA

Distribuir contido


by Dr. Radut