Visita ao observatorio astronómico da USC

            O día 27 de novembro un grupo de alumnos de 1º e 2º de Bacharelato (diurno e adultos) visitaron o Observatorio Astronómico “Ramón Mª Aller Ulloa” da Universidade de Santiago de Compostela.

 telescopio

      

            Hai catro séculos o científico Galileo comezou a construír telescopios para observar o firmamento. Para conmemorar aqueles logros, a UNESCO decidíu declarar o 2009 como Ano Internacional da Astronomía.

              Con ese motivo o Departamento de Matemáticas organizou esta visita na que participaron 30 alumnos de Bacharelato e os profesores Mª José Varela, Luis Jar e Xosé Mª Facal.

biblioteca

            Na visita foi proxectado un video no que se conta a historia dos observatorios de Lalín e de Santiago, así como a vida do seu fundador, o científico lalinense Ramón Mª Aller Ulloa. Despois o persoal do Observatorio explicou o funcionamento dos aparellos dos que dispoñen e finalmente os compoñentes do grupo foron pasando pola cúpula de observación. A maioría puido ver a Lúa e o planeta Xúpiter cos seus satélites, aínda que a última hora cubríuse o ceo, o que impedíu que algúns compoñentes do grupo puidesen observar os astros a través do telescopio.

Ao rematar a visita, o director do Observatorio, profesor José Ángel Docobo, obsequiou ao Instituto con dous libros, un deles recolle os ensaios en galego publicados por Ramón Mª Aller Ulloa na revista Logos e o outro as súa obra científica completa.