IES Isidro Parga Pondal

Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Rúa Muiño da Pintura, nº 4, 15100 Carballo, A Coruña

Teléfono: 881 88 03 71

Email: ies.parga.pondal@edu.xunta.gal

Horario de verán: 09:00h - 14:00h

Horario administración: 09:00h - 14:00h

Non podemos despedir o curso sen mostraravos o vídeo que recolle o concerto final que o Departamento de Música realizou o 15 de maio  con todo o seu alumnado na VI Semana da Música. Esperamos que o desfrutedes durante este tempo estival.

As familias do alumnado que solicite transporte escolar gratuíto para o próximo curso ten toda a información ao respecto na Instrución conxunta 1/2024 sobre a xestión do servizo de transporte de escolares. O documento é extenso, pero posiblemente a maioría das dúbidas que teñan as familias pódense resolver lendo as seguintes partes:

-Usuario/a con dereito ao servizo: páxina 2, párrafo 4.

-Perda da condición de persoa usuaria con dereito: páxina 3, párrafo 3.

-Usuario excepcional (por exemplo, alumnado que vive a menos de 2 Km do centro): páxina 5, párrafo 5 e páxina 6 párrafo 6.

-Peticións de modificacións dos itinerarios e de introducións de novas paradas: páxina 8.

-Utilización excepcional de dúas paradas por un/ha mesmo/a usuario/a: páxina 17, párrafo 5 e seguintes.

LIBROS DE TEXTO

No seguinte documento adxunto pódense consultar os libros de texto e outro material curricular para o curso 2024-2025 para cada un dos niveis educativos: LIBROS DE TEXTO 2024-2025

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS

A publicación de listaxes provisionais farase o 12 de xullo. A información colocarase no taboleiro da entrada do instituto.

As listaxes definitivas publicaranse o 26 de xullo da mesma maneira.

Os libros do fondo solidario serán entregados ao alumnado durante a primeira ou a segunda semana de clase (o inicio das clases é o 11 de setembro).

 

O alumnado de 1ºESO terá como peche deste curso académico unha saída para visitar dolmen de Dombate e ao castro de Borneiro. Organiza o departamento de historia

Rebolondas en directo! Como xa é tradición, hoxe, dende ás 12:00 horas, o alumnado do Obradoiro de Radio de 1° da ESO emitirá o programa especial de fin de curso. Falaremos da chea de cousas que fixemos durante o curso e haberá entrevistas. Tamén teremos música en directo grazas ao alumnado de 4° da ESO e de 1° de Bacharelato.
A ligazón do streaming en directo é :https://youtube.com/live/gVsgDeelj4I

O  xoves 20 de xuño celebrarase o “1º Festival Xuventude” do IES Parga Pondal que poderá desfrutar todo o alumnado de 1º ESO.
A organización deste evento, forma parte dun proxecto de clase dentro da materia Proxecto Competencial nos cursos 1º, 2º e 3º ESO. Para a creación de dito festival, o alumnado encargouse de toda a organización, loxística e promoción. Dende o deseño e creación do cartel, a promoción en redes sociais e radio ou a presentación das actuacións e exposicións musicais, ata a creación de diversos obradoiros e stands de ocio ou xogos deportivos. Nesta zona podemos atopar postos de pulseiras, trenzas, tatuaxes, xogos, retos deportivos... e proxectos realizados por outros estudantes como os cubos de realidade aumentada. Ademais, algúns estudantes tiveron que liderar postos de vixilancia ou seguridade, facer de guías para os asistentes ou mesmo repartir e validar os tíckets de acceso.
O festival comezará ás 9h e rematará arredor das 13h coas actuacións dos grupos de Baile galego e Pandeireta que ensaian nos recreos, actividades que se enmarcan dentro dos patios inclusivos que organiza o instituto ao longo de todo o curso. Tamén haberá unha pequena actuación do Coro do profesorado do propio centro e actuacións musicais por parte do alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato da materia de Música.
Tedes na imaxe un pequeno esquema de como van ser as diferentes estacións.

 

O 14 de xuño, no Pazo da Cultura de Carballo, celebrouse a cerimonia de graduación de 2º de Bacharelato. Foi un acto cheo de emoción, con discursos, música, baile e unha sala ateigada de xente. Noraboa a todo o alumnado que se graduou!

 

 

O departamento de mediación organizou hoxe unha viaxe como premio pola labor realizada durante todo o curso ao alumnado integrante da mesma.

Así, entre outras actividades irán ao Urban Planet en Oleiros (A Coruña), comerán pola cidade e terán tempo de lecer ata ás 18:00 que retornarán ao centro.

 

O pasado venres 7 de Xuño un dos grupos do obradoiro de radio do IES Parga Pondal achegouse ao IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela para a entrega dos VI Premios de podcast escolar O Vello dos Contos.

O grupo, formado polas alumnas de 1º da ESO Adela Baldomir, Dafne Cantelar, Nerea Collazo, Carla Picos, Celtia Vázquez e Laura Villares, resultou finalista e recolleu o seu premio de mans do Secretario Xeral de Política Lingüística e do Presidente da RAG.

O podcast presentado trata da relación de Luisa Villalta coa música a través da súa obra literaria. En menos de cinco minutos, fai unha revisión dos diferentes xéneros que traballou a escritora homenaxada no Día das Letras Galegas e descobre como a música é o fío condutor de todos eles

Ligazón para escoitar: https://go.ivoox.com/rf/130248417

O pasado mes de maio parte do alumnado de 4°ESO realizou a súa viaxe de fin de estudos á Barcelona.
Foron uns días moi intensos, cargados de risas e momentos únicos que quedarán gravados en todos eles.
Así, durante 4 días, despois dunha longa viaxe en bus, fixeron actividades náuticas na praia ademais de visitar os sitios máis turísticos de Barcelona (praia da Barceloneta, parque Güell, Sagrada Familia, La pedrera, Casa Batlló, praza de Cataluña, Mercado la Boquería, Basílica santa maría del mar, estatua de Colón, praza De España, Zona olímpica e Tibidabo). Por suposto, foron un día enteiro ao parque de atraccións de PortAventura e para rematar a viaxe, desfrutaron dun día libre en Pineda do Mar (onde estabamos aloxados).
Desexámosvos toda a sorte do mundo na vosa nova andaina que estades a piques de comezar.